Historia do Club

1970-1976: Os pioneiros

O Club de Amigos do Baloncesto Obradoiro naceu en Santiago de Compostela en outubro de 1970 cando 29 socios fundadores decidiron darlle un impulso ao baloncesto masculino santiagués. Anteriormente o baloncesto de Compostela estivera representado polo S.E.U. e posteriormente pola sección de baloncesto da S.D. Compostela. O Obradoiro C.A.B. comezou na tempada 1970-1971 en terceira división, disputando os encontros no antigo ximnasio universitario (hoxe en día Auditorio da USC).

 

1976-1990: O histórico primeiro ascenso

Despois de ascender a segunda división, ingresa na tempada 1976-1977 na recén creada 1ª División B. Ese mesmo ano tamén se inaugura o Pavillón de Sar, de titularidade propia. En 1982 consegue o ascenso á máxima categoría do baloncesto español, entón División de Honra, sendo o primeiro club santiagués en chegar ao máis alto nun deporte. Este éxito obtense na última xornada de liga en Mataró. Ao seu regreso, o equipo foi recibido en Santiago por centos de seguidores no aeroporto de Lavacolla e os xogadores foron sacados a hombros.

La experiencia na elite duraría unha soa tempada. Despois de militar numerosas campañas na 1ª división, segunda categoría a nivel estatal, o Obradoiro C.A.B. afrontou no 1989-1990 o play-off para subir a nova liga profesional ACB. Unha fase de ascenso que marcaría a historia do club.

 

1990-2009: O playoff que durou 19 anos

Na eliminatoria final, o Obradoiro C.A.B. perdeu contra o Júver Murcia, pero foi descuberta a aliñación ilegal do xogador Esteban Pérez no equipo murciano. Esta situación foi denunciada polo Obradoiro C.A.B., primeiro ante a xustiza deportiva e máis tarde ante os tribunais ordinarios. O 14 de setembro de 1994 anunciouse a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, que declarou como gañador da eliminatoria de ascenso ao club santiagués e obrigou a ACB a readmitilo na Liga ACB.

A pesar da sentenza, o proceso xudicial alongouse ata o verán de 2003, cando o Tribunal Supremo decidiu suspender a Liga ACB mentres non se admitise o Obradoiro C.A.B. A ACB esixiu entón ao club santiagués que aboara o canon de entrada correspondente á tempada 2003/2004 (preto de 3 millóns de euros), mentres que o Obradoiro C.A.B. esixía pagar o correspondente á tempada 1990/1991, unha cantidade próxima aos 600.000 euros.

Tras máis de quince anos de preitos, o 27 de novembro de 2007 o Tribunal Supremo deu a razón ao equipo galego, obrigando a ACB a readmitilo na máxima categoría do baloncesto español e coa obriga de pagar o canon correspondente á tempada 1990/1991. Finalmente, o día 15 de xuño de 2009, 19 anos despois do polémico play-off, o Obradoiro C.A.B. formalizou a súa inscrición na ACB para a tempada 2009/10.

 

2009 -A ilusión renovada

Na campaña de regreso á máxima categoría da Liga ACB, o Obradoiro C.A.B. converteuse en todo un fenómeno social en Galicia. Coa denominación de Xacobeo Blusens os santiagueses converteron o Multiúsos Fontes do Sar, na catedral do baloncesto autonómico. O equipo, adestrador por Curro Segura, completou unha magnífica primeira volta e estivo a punto de clasificarse para disputar a Copa do Rei. Xogadores como Kostas Vasileiadis ou Javier 'Tuky' Bulfoni se erixiron en ídolos da afección. Non obstante, unha pésima segunda metade do campionato condenou o Xacobeo Blusens ao descenso á Liga Leb.

O paso pola segunda división do baloncesto español durou só un ano. Co nome de Blusens Monbus, o santiagués Moncho Fernández foi o encargado de dirixir dende o banco o ascenso á Liga ACB. Tras finalizar en segunda posición a tempada regular, o regreso á elite facíase realidade o 3 de xuño do 2011 na pista do Autocid Burgos. Ademais nesta campaña, o Obradoiro C.A.B. proclamouse campión da Copa Príncipe.
 

Actualmente é un dos 18 equipos que milita na Liga Endesa.
 

Grupo Empresarial
Instituciones

CONTACTO

Multiusos Fontes do SAR

Rúa Diego Bernal s/n

15702 Santiago de Compostela

 

Copyright Obradoiro CAB 2011. Todos los derechos reservados.