Liga Endesa
Publicado o Martes, 27 Decembro 2011 23:05
A Liga ENDESA está formada por 18 equipos que compiten nunha primeira fase ou fase regular nunha Liga na que cada un se enfronta dúas veces a todos os demais (unha vez como local e outra como visitante).
Ao finalizar a primeira volta os oito primeiros clasificados disputan a Copa do Rei, pódese dar o caso que o oitavo clasificado non a dispute.Eso se debería a que unha das prazas é para un equipo ENDESA anfitrión da cidade que organiza o torneo.Se disputa a partido único (sete encuentros:cuartos de final, semifinais e final) nunha mesma sede.Lo que fai que se concentre o espectáculo e a disputa dun acontecemento nun único fin de semana entre os mellores equipos, o que lle dá espectacularidade e emoción a esta competición. O equipo gañador lévase o trofeo do mesmo nome. A Copa é unha excelente ocasión para ver o mellor do baloncesto español de clubs.
Ao final da fase regular, os oito primeiros clasificados enfróntanse nos play offs, isto é, emparéllanse eses oito equipos de acordo coa súa clasificación na fase regular e disputan unhas eliminatorias ao mellor de tres partidos (cinco na final). Os primeiros clasificados teñen vantaxe de campo e os emparellamentos fanse favorecendo a clasificación previa, é dicir o primeiro xoga co oitavo, o segundo co sétimo, o terceiro co sexto, e o cuarto co quinto. O gañador da final destas eliminatorias é proclamado campión da Liga ENDESA.



















