Moncho Fernandez e Alberto Corbacho visitan o colexio López Ferreiro
- Detalles
- Publicado o Mércores, 16 May 2012 00:24
Unha vez máis, e despois de finalizar a tempada, a solidariedade segue presente no Obradoiro C.A.B. Da man do adestrador do Blusens Monbus, Moncho Fernández, e do xogador mallorquino, Alberto Corbacho, nesta ocasión foron os nenos das escolas deportivas do colexio López Ferreiro os que gozaron da compañía de ambos os dous.
Os escolares recibíronos como se merecen, cunha grande ovación acompañada do clásico paseillo dos campións. Unha tarde divertida onde técnico e xogador ademais de contestar ás preguntas e inquietudes dos nenos puideron demostrar as súas habilidades neste deporte.
´
Ler máis:Moncho Fernandez e Alberto Corbacho visitan o colexio López Ferreiro
O xogador do Blusens Monbus Oriol Junyent foi operado con éxito
- Detalles
- Publicado o Xoves, 10 May 2012 21:47

Oriol Junyent foi intervido este xoves satisfactoriamente da rotura tipo flat do menisco externo do xeonllo esquerdo, unha lesión que leva arrastrando ao longo de toda a tempada.
Junyent, operado esta mañá no Hospital Policlínico a Rosaleda polo doutor Miguel Hermida mediante cirurxía artroscópica, foi dado de alta ás 21 horas deste mesmo xoves e marchou polo seu propio pé coa axuda de bastóns.
Os servizos médicos do Club coa doutora Silvia Rodríguez á cabeza prevén que todo evolucione favorablemente con recuperación total en 6-8 semanas. O pivote obradoirista iniciará o proceso de recuperación en poucos días.
Broche de ouro con vitoria épica e un "ata sempre"
- Detalles
- Publicado o Domingo, 06 May 2012 22:47

Tras remontar o partido e forzar a prórroga, Blusens Monbus superou ao CAI Zaragoza (89-84) e pecha a tempada no posto 13º. O 'eterno capitán', Tuky Bulfoni, recibiu unha merecida homenaxe tras anunciar a súa despedida.
Non debe restárselle mérito polo feito de que a permanencia matemática se conseguise na anterior xornada. A vitoria lograda hoxe por Blusens Monbus foi unha das máis sufridas e traballada da 'era Moncho Fernández'. Con este triunfo na prórroga ante un cacholán CAI Zaragoza, o obradoirismo pon punto e final á tempada 2011-2012, e faino con trece vitorias na súa cuadrícula. Todo un éxito para o equipo co menor presuposto da Liga Endesa. Tras o encontro, unha emotiva despedida ao capitán Javier Bulfoni, faro deste club dende hai tres anos, puxo o broche de ouro á festa de Sar.
Recepción ao Blusens Monbus no Concello de Santiago
- Detalles
- Publicado o Domingo, 06 May 2012 22:41
O Concello de Santiago fará o luns pola mañá unha recepción oficial ao Blusens Monbus para celebrar o éxito da permanencia conseguido no penúltimo partido de Liga ao ao vencer a Valencia Basket.
A recepción no Concello por parte do Alcalde, Don Ángel Currás, e a corporación municipal terá lugar ás 12.30 horas e nela estarán presentes ademais de xogadores, corpo técnico e directivo, os membros do Grupo Empresarial encabezados polo presidente do club compostelán, Raul López.
Oriol Junyent di adeus á tempada
- Detalles
- Publicado o Venres, 04 May 2012 21:11
Oriol Junyent perderase o encontro que resta para finalizar o campionato despois de arrastrar unha lesión no xeonllo que o fixo facer un sobre esforzo neste final de tempada. O xogador, tivo que aprender a vivir con dor os últimos tres meses para poder estar na pista cos seus compañeiros loitando polo obxetivo da permanencia.
O pivote catalán será operado o xoves que vén. Diso encargarase o Doutor Miguel Hermida, traumatólogo do Hospital Policlínico La Rosaleda e membro dos servizos médicos do club que dirixe a Doutora Rodríguez, e que foron os encargados xunto co preparador físico do equipo, Oscar Viana, e o fisioterapeuta, Tomás Richartz, de manter o xogador entre algodóns dende que se lle detectou a lesión.
Miña nai tamén FAI OBRA
- Detalles
- Publicado o Xoves, 03 May 2012 19:36

Con motivo do partido correspondente a 34 xornada da Liga Endesa que disputará o BLUSENS MONBUS vs. CAI ZARAGOZA e que terá lugar o domingo, día 6 de maio ás 18:00 h Día da Nai, a Xunta Directiva do Obradoiro C.A.B. desexa que poidades contaxiar o voso apoio as vosas familias, invitándovos a que neste partido, traiades as vosas nais, e celebrar todos xuntos a permanencia na Liga Endesa.
Para iso, os 900 primeiros aboados que o soliciten a través do correo electrónico This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. , poderán dispor dunha entrada de valde para ela. A adxudicación farase por rigorosa orde de solicitude.
No correo deberase indicar: MIÑA NAI TAMEN FAI OBRA, así como o número, nome e apelidos do aboado solicitante.
Confirmaremos a adxudicación das entradas, así como a forma de recollelas.



















