STEPHANE LASME, MVP DA XORNADA 18

Lasme_jugador_jornada.jpgA actuación do pívot do Blusens Monbus ante o Lagun Aro foi sinxelamente brillante. Os seus 37 puntos de valoración permítenlle entrar no selecto club do xogador máis valioso da xornada na Liga Endesa.

Nos 37 minutos que estivo na pista ante o conxunto donostiarra, Lasme anotou 26 puntos, que lle sitúan como segundo máximo anotador da 18ª xornada, só superado por Justin Doellman do Assignia Manresa con 32.

As porcentaxes de tiro do xogador de Gabón foron sobresalientes: 8 de 12 en tiros de dous e 10 de 10 en tiros libres. O seu acerto convírteo no obradoirista que máis puntos leva acumulados esta temporada.
 

Lasme tamén estivo imparable baixo os taboleiros, capturando 14 rebotes, 9 en defensa e 5 en ataque, liderando este apartado nesta xornada da Liga Endesa. No ranking de toda a temporada, o pívot do Blusens Monbus entra no Top-15.

Ademais,  converteuse no segundo máximo reboteador da historia do Obradoiro na ACB, con 110 capturas, tras superar as 104 que asinou Marc Jackson na temporada 2009-2010. O primeiro posto ocúpao Reyshawn Terry con 168.

Como cada xornada, o xogador africano foi fiel á súa cita cos tapóns. Ante o Lagun Aro colocou dous, a súa media esta campaña. Neste apartado segue ocupando o segundo posto no ranking da Liga Endesa, só superado por D’or  Fischer, do Gescrap Bizkaia. Fai varias xornadas que Lasme ten a honra de ser o máximo taponador na historia do Obradoiro na ACB.

Para completar a súa magnífica actuación, achegou 1 asistencia e recibiu 7 faltas persoais. Todo isto contribuíu aos fantásticos 37 puntos de valoración final.

Grupo Empresarial
Instituciones

CONTACTO

Multiusos Fontes do SAR

Rúa Diego Bernal s/n

15702 Santiago de Compostela

 

Copyright Obradoiro CAB 2011. Todos los derechos reservados.