A facer saltar a banca

A partir das 12:30 horas, coa TVG2 en directo, o Blusens Monbus enfróntase ao Unicaja en Málaga.

Na visita a un dos templos do baloncesto español, as apostas non son favorables ao Obradoiro. Espéralle o cuarto clasificado da Liga Endesa,  un conxunto fortísimo na súa pista empuxado por unha das mellores afeccións do baloncesto europeo e que está enrabietado tras cinco derrotas consecutivas. O Unicaja parece claro favorito, pero se hai un cualificativo que define ao Blusens Monbús, ese é competitivo. O conxunto de Moncho Fernández leva no seu ADN a loita e a ilusión. Deu a cara nas 18 xornadas anteriores e no Martín Carpena non renuncia a nada.

Para buscar a anhelada quinta vitoria da temporada, ‘O Alquimista’ poderá contar con todos os seus xogadores, aínda que o capitán Bulfoni arrastra problemas nas costas que non lle permitiron traballar ao máximo durante esta semana.

Será un partido especial para dous obradoiristas. Alberto Corbacho enfróntase ao club no que se formou, pero co que nunca chegou a debutar en competición oficial. Por outra banda, Bernard Hopkins podería converterse en histórico en anotación se anota 14 puntos.

O Unicaja chega a este duelo despois de encadear dúas derrotas na Liga Endesa e tres na Euroliga, a última o pasado xoves en territorio andaluz ante o Siena. Chus Mateo ten a todos os seus efectivos á súa disposición.

Nun cadro de xogadores tan poderoso como o malagueño, destaca a figura do británico Joel Freeland. O pívot é o MVP da temporada na Liga Endesa, cun espectacular rexistro de 19’7 puntos de valoración por partido.

Grupo Empresarial
Instituciones

CONTACTO

Multiusos Fontes do SAR

Rúa Diego Bernal s/n

15702 Santiago de Compostela

 

Copyright Obradoiro CAB 2011. Todos los derechos reservados.