Brad Oleson: “Santiago sempre será a miña casa”

¿O domingo regresas á que foi a túa primeira cidade en Europa?

- Si, estiven tres anos en Santiago e aí afíxenme ao baloncesto europeo. Para min sempre será a miña primeira casa en España e é especial regresar aí.

¿Que significou o Beirasar Rosalía na túa carreira?

- Converteume no xogador que son actualmente. Aprendín a entender o baloncesto europeo, un estilo de xogo que eu non dominaba. 

Vitoria é unha gran cidade, ¿ pero que botas de menos de Santiago?

- Encántame Santiago. A comida é excelente e a xente moi agradable. Estou ansioso por regresar.

¿Veste xogando algún día no Blusens Monbus?

- Si, ¿por qué non?, quizais algún día suceda.

¿Que partido esperas este domingo entre Blusens Monbus e Caja Laboral?

- Estou seguro de que vai ser un partido moi difícil para nós. Eles teñen unha afección moi boa e resulta complicado xogar na súa pista. 

¿Para Caja Laboral este partido é un test previo á Copa do Rei?

- Si, pero Dusko non quere aínda falar da Copa do Rei. Por agora o único importante é este partido.

¿Que é o que máis vos preocupa do Blusens Monbus?

- É moi difícil centrarse nun xogador porque eles utilizan a dez homes durante o partido. Temos que estar atentos a todo o seu conxunto porque calquera deles pódeche meter 25 puntos.

¿Onde pode estar a clave do encontro?

- Sen dúbida no rebote. Eles son un equipo excelente nesta faceta. Controlando o rebote manexaremos as transicións e evitaremos as canastras fáciles. 

Tes a dobre nacionalidade, ¿aspiras a xogar algún día coa Selección española?

- Nunca sabes o que pode pasar. Este verán veremos se formo parte da preselección. 

Por último, ¿que opción lle outorgas ao Blusens Monbus de acadar a permanencia? 

- Penso que o van a conseguir. Teñen moi bo equipo e a última xornada conseguiron unha vitoria moi importante contra o Unicaja, que seguro que reforzou a súa confianza.

Grupo Empresarial
Instituciones

CONTACTO

Multiusos Fontes do SAR

Rúa Diego Bernal s/n

15702 Santiago de Compostela

 

Copyright Obradoiro CAB 2011. Todos los derechos reservados.