Desta maneira comezou Bernard Hopkins a súa comparecencia ante os medios de comunicación na sala de prensa de OVIGA, con motivo da súa presentación oficial como xogador do Obradoiro. Acompañado polo voceiro do grupo empresarial, Francisco Sánchez, o cal agradeceu unha vez máis o apoio mostrado desde os distintos medios de comunicación, o director xerente de OVIGA, Luis Antonio García e o director xerente do Club, Alfonso Pazo.
O á-pivot norteamericano con pasaporte español formado na Universidade de Virginia sinalou que “gústame o club a que veño porque é un club novo. Non hai escusas e hai que subir a ACB. Todos sabemos que a LEB é unha liga moi complicada. Pero a pesar de todo síntome moi feliz de estar aquí e de contribuír a este novo proxecto”, dixo, ao tempo que agregou que “teño 37 anos, e levo 37 de fame”. Escoita as declaración do xogador
O Obradoiro presentou este xoves ao seu terceiro xogador da tempada, Deron Washington, no Hospital Policlínico A Rosaleda. A cita serviu pola súa parte para facer público o convenio de colaboración do club co centro hospitalario. No devandito acto estiveron presente Francisco Sánchez, voceiro do grupo empresarial, que agradeceu ao xogador a súa implicación no proxecto do Obradoiro, o director xerente do Club, Alfonso Pazo, o xerente da Rosaleda, Rafael Silva e a nova xefa dos servizos médicos do Obradoiro, Silvia Rodríguez.
O Director Xerente do Club, Chete Pazo, antes da presentación do xogador agradeceu ao xerente da Rosaleda a rapidez coa que se realizaron os recoñecementos médicos tras o acordo. Pola súa banda, Rafael Silva, desexoulle a mellor sorte ao equipo para esta tempada e non descartou unirse ao grupo de empresarios que hoxe en día apoian o proxecto do novo Obradoiro. Escoita a Deron Washington
Alberto Corbacho e Miquel Feliú foron presentados como novos xogadores do Obradoiro CAB. O acto tivo lugar nas oficinas centrais do grupo Cenor en O Milladoiro, onde participaron á mesa ademais dos xogadores, o voceiro do grupo empresarial, Francisco Sánchez, o Director Xerente, Alfonso “Chete” Pazo, e o Director Comercial de Cenor, Francisco Fernández.
O voceiro do grupo empresarial, Francisco Sánchez, deu a benvida aos xogadores e agradeceulles a súa implicación nun proxecto que motiva a todo o mundo e que parte cunhas expectativas moi altas. Antes da intervención dos xogadores, Chete Pazo quixo introducirlles con algunhas palabras. Sobre Alberto Corbacho comentou que “é un xogador cunha traxectoria envexable nesta competición e que vai ser moi importante para nós.” Acerca da outra nova incorporación, Miquel Feliú, o director xerente do Obradoiro declarou que “ten unha ampla traxectoria, xogou en ACB e ten ademais unha sobrada experiencia na categoría ADECCO Ouro que é na que o Obradoiro vai a competir esta tempada “. Escoita a Feliú
Escoita a Corbacho
O base deixa o ASEFA Estudantes para converterse nun importante reforzo no plantel de Moncho Fernández. O xogador chega a Santiago coa intención de devolver ao equipo á ACB. Richard Nguema Balboa a pesar de ser de orixe ecuatoguineano, naceu en Madrid (7/02/1988) e formouse nas categorías inferiores do Real Madrid. Mide 1'92 e durante a súa etapa no conxunto da capital xogou ocasionalmente co primeiro equipo, sendo xunto a Jan Martín un dos xuvenís máis chamados por Joan Plaza para xogar en ACB.
Internacional con España en categorías inferiores, logrou a medalla de bronce no Eurobasket U-18 de Grecia. Nguema é un base que xoga baixo control e é capaz de facelo para os compañeiros. Destaca pola súa gran capacidade de concentración e por ser un bo penetrador ademais de posuír un bo manexo de balón. Gústalle dirixir o seu equipo, é un bo defensor e un bo reboteador. Con Nguema e o puertoriqueño Andrés Rodríguez, o Obradoiro xa conta con dous grandes xogadores para o posto de base. >>>
O corpo técnico do Obradoiro CAB viuse completado coa incorporación do fisioterapeuta santiagués de orixe alemá, Tomás Richartz Pérez. Tras un longo proceso de selección, a súa demostrada experiencia foi un dos principais motivos polo que o Club decidiu finalmente seleccionalo.
A pesar da súa mocidade Tomás conta cunha carreira envexable. Diplomouse en fisioterapia no ano 2006 pola universidade de Salamanca. Ese mesmo ano foi o fisioterapeuta do Ciudad de Salamanca de Balonmán da terceira división. Co que conseguiu acadar o Play Off final de Ascenso a segunda División Nacional no curso 06/07. Ao ano seguinte, Tomás regresaría a Santiago onde traballaría as últimas tres tempadas como fisioterapeuta no Beirasar Rosalía de LEB Oro e Prata. Tamén foi durante a tempada 08/09 fisioterapeuta do C.D. Estradense de Futbol Rexional Preferente. >>>