Páxina Oficial do Obradoiro C.A.B.
|
Na rolda de prensa deste venres, o técnico do Xacobeo Blu: sens Curro Segura confesou antes de enfrontarse ao Murcia que a reprimenda feita ao xogador Massey trala derrota ante o Unicaja pretendía conseguir o que así foi, un cambio de actitude. “Notouse e estamos contentos con esa reacción".
Segura está convencido do bo estado anímico dos seus xogadores tras pasar páxina do acontecido en Málaga e agora só pensa no encontro do próximo domingo. “Todos están moi concentrados e saben a importancia que ten o partido". |
|
O alero foi presentado esta mañá polo xerente do club Artur Tamazián como novo xogador do Xacobeo Blu: sens e asegurou que espera “axudar o equipo en todo o que poida “. Ademais Galarreta afirmou coñecer o método de traballo do adestrador Curra Segura, quen xa o dirixiu no Menorca durante dúas tempadas e media.
O protagonista da mañá afirmou encontrarse "moi ledo de fichar polo Obradoiro ". Prometeu "traballar ao máximo para lograr o obxectivo da permanencia ". Por último comentou que "vén a axudar a entrenar pero se ten a oportunidade de xogar non a desaproveitará", concluíu. |
|
A Xunta Directiva do OBRADOIRO C.A.B acordou celebrar, con motivo deste partido e para afrontar a ficha das dúas novas incorporacions, un Día do Club, cumprindo, polo tanto, que as abonadas e os abonados que desexen asistir o encontro adquiran a localidade correspondente para acceder ó campo.
As abonadas e os abonados poderán adquirir as súas localidades na taquilla do Multiusos Fontes do Sar a partir do xoves 11 de marzo. O prazo queda establecido desde as 10:30 horas do día 11 de marzo ata as 14:00 horas do día 27 de Marzo. >>> |
|
Os xogadores do Xacobeo Blu:sens xunto cos adestradores e o presidente do club, José Ángel Docobo, visitaron este mércores aos alumnos do colexio santiagués Manuel Peleteiro. Esta é a primeira saída dos xogadores a un centro educativo, e seguramente despois do vivido esta mañá non será a única.
Todos os membros do equipo santiagués compartiron primeiramente unha charla de aproximadamente unha hora cos alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no salón de actos. Un dos membros do equipo foi presentando un a un a todos os xogadores, e despois os colexiais tomaron a palabra para facer preguntas aos xogadores. O Presidente do club agradeceu a invitación ao director do colexio, o cal lle respondeu coa entrega dun obsequio representativo do centro. |
|
O equipo santiagués, a falta de tres xornadas para que acabe o campionato, deberá conseguir unha victoria este sábado fronte ao juventud del Círculo se quere manter a permanencia na Liga EBA.
O equipo que adestra Emilio Suárez sumou unha dobre derrota nos partidos que disputou a pasada fin de semana ante os Deportes Ferrer (71-84) e fronte ao Universidade de Burgos (82-69). Este sábado enfrontaranse ao colista do seu grupo, a Mocidade do Círculo, a partir das 20.15 horas no Pavillón Lorenzo La Torre. |
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>
|