XACOBEO BLU:SENS

AFECCIÓN

tvobradoiro

twitter Obradoiro


Páxina Oficial do Obradoiro C.A.B.
Cruzada contra a Diabete ante o Manresa

diabeteO presidente do Obradoiro CAB, José Ángel Docobo presentou esta mañá en rolda de prensa xunto á presidenta da Asociación compostelá de Diabete Mª teresa Lord, a próxima Causa Xusta, nesta ocasión a Diabetes, que o club apoiará no partido do domingo ante o Suzuki Manresa.

O obxectivo desta iniciativa promovida conxuntamente polo Obradoiro CAB e Blu: sens Technology é sensibilizar a sociedade da importancia que ten coñecer o nivel de glucemia para previr a aparición dunha enfermidade que non se manifesta ata que non está moi instaurada, subliñou Mª Teresa.

Co fin de concienciar e informar á poboación sobre as consecuencias da diabete, este domingo habilitarase no Hall de entrada dos Multiusos unhas mesas nas que tódolos asistentes interesados poderán realizar unha proba de glucosa en sangue, coa que apenas en cinco segundos se diagnostica a doenza.

 
O Xacobeo Blu:sens quere darlle unha alegría á afección ante o Manresa

terryO Xacobeo Blu:sens enfrontarase a partir das 12.30 horas (TVG2) ante o Suzuki Manresa, equipo ao que os de Curro  Segura xa saben o que é vencerlles, 62-72, no encontro da primeira volta. O técnico granadino cre que xa é hora de gañar na casa e darlle unha alegría á afección.

O partido presenta o aliciente do debut de Jeremiah Massey. O macedonio tentará ser unha das claves para que o Xacobeo Blu:sens derrote a un mermado Suzuki Manresa, que só gañou dous partidos fora esta tempada, o do seu debut, en San Sebastián, e a mediados de novembro, na pista do DKV Joventut.

Pola súa banda o equipo obradoirista meteuse na zona de descenso despois dun tramo final da primeira volta moi bo, no que mesmo chegou a loitar por estar na Copa do Rei. Nestes momentos leva seis derrotas consecutivas e mañá tentará romper esa mala racha.

 
Suspéndese o partido do Optica Val Obradoiro de EBA

optica_valO partido Optica Val Obradoiro ante o Deportes Ferrer Santa María correspondente á 11 xornada da liga EBA, quedou suspendido debido ao escrito presentado polo Concello de Santiago, no que informa que debido ás incidencias metereológicas non se abrirá ningunha instalación deportiva municipal este sábado día 27 de febreiro.

 
Mención especial para o Obradoiro nos Premios de Xornalismo Deportivo

gala2010Santiago foi escenario da Gala dos Premios Galicia de Xornalismo Deportivo que organiza a Federación Galega de Prensa Deportiva (FGPD), na que se entregaron 9 premios e 1 mención especial que recaeu na directiva do OBRADOIRO CAB polo seu esforzo e traballo no seu longo camiño ata a máxima categoría do baloncesto español. José María García recibiu o premio principal “Enrique Mariñas” pola súa contribución ao xornalismo deportivo nacional e internacional.

Unha tarde especial para o deporte galego. A FGPD celebrou a quinta gala anual de Xornalismo Deportivo no Auditorio de Galicia, e ao acto non faltaron personalidades ligadas ao Baloncesto, como José Angel Docobo, Presidente do Obradoiro – e representante do club na gala - ou o adestrador do Xacobeo Blu: sens Curro Segura xunto aos capitanes Tuky Bulfoni e Mike Higgins.

Ao final da noite e para pechar o acto interveu o xornalista José María García, que acaparou todas as olladas. No acto estiveron presentes o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete xunto o concelleiro de Deportes de Santiago de Compostela Bernardino Rama, así como o actual secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro.

 
O equipo recarga as pilas e só pensa en Manresa

drago_entreO Xacobeo Blu: sens recibirá este domingo a partir das 12.30 horas (TVG2) a visita dun dos considerados rivais directos da `nosa liga´. O modesto pero efectivo Suzuki Manresa intentará conseguir unha victoria no Mexillón Area, que demostrou ser unha das canchas máis presionantes da competición.

O plantel tiña o desexo de tomarse un respiro. Tras facer fronte a un calendario cargado, o parón desta fin de semana chegou no mellor momento. Para Maxi Stanic, na entrevista que aparecía publicada onte en El Correo Gallego, o descanso destes días debido ao parón da Copa do Rei veúlles moi ben para recargar as pilas. "O equipo estivera demasiado esixido polo tema das lesións e necesitabamos un respiro; todos, os xogadores, o corpo técnico", afirmaba o arxentino.

 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

banner_abonate_2_gal