Páxina Oficial do Obradoiro C.A.B.
|
A nova edición desta vibrante competición dará comezo o vindeiro 1 de outubro coa disputa da primeira xornada da Liga Regular, cuxa conclusión terá lugar o 2 de abril de 2011. O Obradoiro C.A.B. arrincará a tempada como visitante en terras catalás ante a Girona.
Tras 34 xornadas xogarase o primeiro playoff polo ascenso, disputado ao mellor de 5 partidos, con datas fixadas para o 29 de abril e 1, 4, 6 e 8 de maio. O segundo playoff, tamén a 5 encontros, disputarase os días 13, 15, 18, 20 e 22 de maio. Por último, o playoff final terá lugar os días 27 e 29 de maio e 1, 3 e 5 de xuño. Doutra banda, a XIX Copa Príncipe de Asturias Adecco Ouro celebrarase o domingo 30 de xaneiro de 2011.
Calendario ADECCO OURO 2010 / 2011 |
|
A Federación Española de Baloncesto aprazou a composición definitiva dos grupos de competición nas ligas Adecco LEB Ouro e na Liga Feminina 2 para a tempada 2010-11. A Comisión Delegada acordou conceder unha moratoria a todos aqueles clubs que pretendan formar parte dalgunha competición pero que presentaron unha documentación incorrecta ou con carencias na tramitación.
O Obradoiro C.A.B. (que sí cumpriu en tempo e forma coas obrigas esixidas para a inscrición do pasado día 9 de xullo), terá que seguir esperando para coñecer o nome dos seus rivais na próxima edición da Adecco LEB Ouro. Os equipos que presentaron documentación con defectos emendables terán un prazo improrrogable que finaliza ás 13.00 horas do próximo venres 16 de xullo para presentar na FEB os orixinais da documentación. |
|
En relación co proceso de transformación en Sociedade Anónima Deportiva OBRADOIRO CAB, S.A.D., comunícase que unha vez finalizada a terceira fase de subscrición de accións o día 12 de xullo de 2010, sen subscribir o capital social mínimo establecido polo Consello Superior de Deportes procédese á non constitución da Sociedade Anónima Deportiva.
Así mesmo, comunícase ás persoas, entidades, etc. que acudisen ao devandito proceso de transformación que poderán rescatar a súa achega na sucursal da entidade onde fixeron o seu ingreso ou na sucursal de “La Caixa” sita na rúa Franco nº 23 de Santiago de Compostela mediante a xustificación do ingreso e a acreditación da súa identidade. |
|
A Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Clubs, celebrada este luns 12 de xullo de 2010, aprobou o calendario de datas da campaña 2010-11 así como a admisión do CAI Zaragoza e ViveMenorca como novos equipos ACB. A tempada iniciarase o 24 e 25 de setembro coa celebración da Supercopa. A Liga xogará a súa primeira xornada os vindeiros 2 e 3 de outubro, mentres que a Copa do Rei marca as súas datas do 10 ao 13 de febreiro de 2011 en Madrid.
Na Asemblea aprobáronse todos os puntos da orde do día presentado pola Executiva ACB, que preside Eduardo Portela, entre os que destacaron a admisión como novos socios do Cai Zaragoza e ViveMenorca despois de que ambos os dous superasen todos os requisitos deportivos e económicos esixidos pola ACB nas súas normas e regulamentos de competición, e o Calendario para a Tempada 2010-11 que comezará coa celebración da Supercopa ACB, primeira cita oficial os días 24 e 25 de setembro. A cidade sede farase pública nas próximas datas, así como os participantes que disputarán o primeiro título oficial do ano. |
|
Co interese da súa máxima difusión, a xunta directiva do Obradoiro C.A.B., quere informar hoxe venres que dentro dos prazos previstos, formalizouse a entrega da documentación necesaria ante a Federación Española de Baloncesto para a inscrición dos seus equipos nas categorías do ADECCO OURO e Liga EBA.
Por outra banda e nas próximas datas exporase aos seus socios, abonados e seguidores en xeral, o proxecto definitivo da entidade liderada por José Ramón García González, presidente de Blu: sens nos seus aspectos económicos e deportivos e que sen dúbida afianzarán as súas perspectivas cara un futuro ambicioso e realmente ilusionante. |
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|