|
O Obradoiro presentou esta mañá nas intalaciones de Espiña e Delfín ao xogador Oriol Junyent. O pívot de Sabadell volta ao equipo galego co que asinou un contrato temporal a pasada tempada. Oriol mostrouse “orgulloso e ilusionado e con ganas de participar” neste novo proxecto. “Que che queiran é importante para un xogador. E, ademais, o proxecto do club, de querer estar arriba e pelear polo ascenso, é moi bonito", explicou. Nese sentido, ao xogador catalán non lle asusta a presión que poida ter o Obradoiro debido ás expectativas que se marca.
Oriol Junyent conta con 34 anos (1 de xullo de 1976) e mide 2,08 metros de altura e esta será a súa terceira experiencia en LEB tras pasar por Cidade de Huelva onde disputou 21 partidos antes de cambiar de aires polos problemas económicos do equipo onubense na tempada 2007-08 cuns números de 15 puntos (51% en tiros de dous puntos, 42% en triplos e 65% en tiros libres), 9,7 rebotes, 2,3 asistencias. Co CAI promediou 8,2 puntos, 5,8 rebotes e 1 asistencia. En ACB militó na Granada, Fuenlabrada, Alacante, Estudantes, Barcelona, Valladolid e Xacobeo Blu:sens. |