| Marc Jackson retírase no Xacobeo Blu:sens do baloncesto profesional |
|
Miguel Juane, pediu complicidade e respecto na decisión de Jackson e explicou que o xogador lle comunicara ao club que "non se encontra en condicións de seguir". O pívot estadounidense recibirá unha placa homenaxe ao finalizar o encontro deste domingo no Fontes do Sar contra a Caixa Laboral e a seguir dará unha rolda de prensa ante os medios de comunicación. Desde o club habilitouse un enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo co fin de que os afeccionados poidan enviarlle as mensaxes de apoio e cariño que crean conveniente. |



Esta mañá no Multiusos Fontes do Sar, o Director Xeral do Xacobeo Blu: sens Miguel Juane, anunciou por expreso desexo do xogador que Marc Jackson deixará o baloncesto profesional dentro de dúas semanas, o día do partido ante a Fuenlabrada.












