XACOBEO BLU:SENS

AFECCIÓN

tvobradoiro

twitter Obradoiro


O Xacobeo Blu:sens rozou o milagre pero non puido co Caja Laboral

jaksonO Obradoiro non puido finalmente co Baskonia, no encontro correspondente á 21ª xornada da ACB, disputado nos Multiusos Fontes do Sar. Aínda que a diferenza final no marcador foi de 4 puntos, os de Curro Segura chegaron a estar un punto por diante da Caixa Laboral no último cuarto do encontro, conseguindo recortar unha diferenza que ao descanso chegou aos 13 puntos (38-51) a favor do equipo visitante. Finalmente non puido ser, pero o Xacobeo Blu: sens conseguiu un meritorio resultado de 76-80.

A actuación dos árbitros foi máis que discutida. Os colexiados foron abucheados por uns afeccionados que, por outra banda, aplaudiron as intervencións de Marc Jackson no seu último encontro en Santiago. O pivot do Xacobeo Blue: sens recibiu unha emotiva homenaxe por parte do club e da afección á finalización do encontro.

Ficha técnica: 

76 - Xacobeo Blu: sens (18+20+13+25): Maxi Stanic (8), Alfonso Sánchez (8), 'Tuky' Bulfoni (9), Reyshawn Terry (18), Marc Jackson (18)-quinteto titular-, Adrián Fuentes (2), Kostas Vasileiadis (7), Héctor Manzano (-), Nihad Djedovic (-) e Mike Higgins (6).

80 - Saski Baskonia Caja Laboral (25+26+14+15): Sean Singletary (-), Brad Oleson (11), Fernando San Emeterio (17), Mirza Teletovic (11), Lior Eliyahu (15)-quinteto titular-, Pau Ribas (14), Marcelinho Huertas (10) e Walter Herrmann (2).

Árbitros: Juan Carlos Arteaga, José Ramón García Ortiz e Antonio Sacristán. Eliminaron por acumulación de cinco faltas persoais a Adrián Fuentes polo Xacobeo Blu: sens.

Incidencias: Partido correspondente á vixésimo primeira xornada da fase regular da ACB disputado no pavillón multiuso Fontes do Sar ante 6.000 espectadores.

Estadísticas do encontro

 

banner_abonate_2_gal