XACOBEO BLU:SENS

AFECCIÓN

tvobradoiro

twitter Obradoiro


NOVAS DO EQUIPO EBA
Unha derrota do EBA que non empaña unha excelente tempada (77-57)

opticaval_pielagosO equipo EBA do Obradoiro, o Óptica Val, non puido despedir con victoria unha espectacular tempada no grupo A da Liga EBA. O filial cedeu ante o Pas Pielagos por 77 a 57, nun encontro que xa perdía ao descanso (37-29) e en que se viu aínda máis minguado por un mal terceiro período (27-16), empezando o cuarto decisivo cun adverso 64 a 45.

Rafa Molina (8 puntos, 11 rebotes e 17 de valoración), Borja Cutrín (11 puntos, 2 asistencias e 10 de valoración) e Francisco Brantuas (11 puntos, 5 rebotes e 11 de valoración) foron os xogadores máis acertados no último compromiso da tempada 2009/2010.

Ler máis...
 
O Óptica Val Obradoiro viaxa a Santander coa permanencia asegurada

optica_valO Óptica Val Obradoiro, filial del Xacobeo Blu:sens, desprázase a Santander coa categoría asegurada para enfrontarse ao Pas Piélagos (19.00 horas) no que será o seu último partido de tempada no seu primeiro ano en liga EBA.

O equipo que entrena o santiagués Emilio Suarez xa coa permanencia asegurada fai varias xornadas visita ao conxunto santanderino en busca dunha nova Victòria, a sétima, e intentarán buscar a revancha tras a derrota no partido de ida por 87 a 91.

Nesta ocasión o que se fará cargo do equipo é o segundo adestrador, Manuel Dubert, que intentarán colleitar unha nova Victòria para terminar a tempada.

 
A falta dunha xornada o Obradoiro de EBA ten a permanencia asegurada

optica_valA pesar da derrota da pasada fin de semana ante os Deportes Ferrer por 75 – 53 na Liga pola permanencia o Óptica Val Obradoiro estará un ano máis na Liga EBA. Nesta competición a dobre volta, descenderán á Primeira División Masculina correspondente os dous últimos clasificados da Fase de Permanencia. 

Ler máis...
 
O Óptica Val Obradoiro sentenza a permanencia ante o Juventud do Círculo

rafa_molinaO Óptica Val Obradoiro sentenciou a salvación ante o colista (89 – 82) nun partido onde os de Emilio Suárez chegaron a anotar un parcial de 20 a 0 no terceiro cuarto do partido.

Despois dun comezo dubitativo, o Óptica Val Obradoiro tivo un antes e un despois do descanso. Nos primeiros vinte minutos, o Juventud del Círculo mostrou unha maior intensidade debaixo da canastra local mentres que o nosa filial mostraba un xogo excesivamente individualista onde faltaba fluidez en ataque.

Tras o descanso, o Óptica Val mellorou especialmente en intensidade defensiva, levando a distancia entre ámbolos dous aos trece puntos (41-54), no minuto 23. Durante todo o último cuarto, o Obradoiro de EBA manexouse a pracer nas dúas zonas. Os nervios fixéronse presentes nas filas dos xogadores visitantes, que se cargaron de faltas e permitiron ao rival visitar repetidamente a liña de tiros libres. A descalificación de Moro, despois de que lle sinalasen a quinta falta, foi o reflexo da impotencia na pista.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 8

banner_abonate_2_gal