XACOBEO BLU:SENS

AFECCIÓN

tvobradoiro

twitter Obradoiro


NOVAS DO EQUIPO SENIOR ZONAL
Xornada decisiva do Zonal do "Obra "

amcocinasO AM Cocinas Obradoiro xógase esta fin de semana o partido decisivo en busca do ascenso a primeira autonómica ante o Valenza, campión da zona de Ourense. Este decisivo partido que xogarán os obradoristas terá lugar o sábado 15 de Maio ás 19:30 horas no pavillón Lorenzo Latorre.

O partido de volta disputarase o seguinte sábado na cancha do equipo ourensán.

 
O AM Cocinas Obradoiro consegue o obxectivo de clasificarse para a Fase de ascenso

amcocinasO equipo de senior zonal do Obradoiro, o AM Cocinas, conseguiu o obxectivo que se marcara ao comezo da tempada, disputar o play of de ascenso para a división autonómica. Os santiagueses clasificáronse tras a victoria deste domingo ante o Viaxes Piña por 48 a 59.

Os mozos de Nacho Parajuá xa saben o que é a loita polo ascenso. A tempada pasada xogaron na Liga Senior Zonal B e finalizaron cun ascenso a Zonal A. Se este ano culminasen a súa boa tempada cun posto en Autónomica, o equipo habería conseguidos dous ascensos consecutivos.

 
O AM COCINAS OBRADOIRO loitará polo ascenso na “Final four”

logo_headerFinalizada a tempada regular onde o noso equipo AM COCINAS OBRADORIO foi o primeiro na clasificación cun balance de 18 victorias e 4 derrotas, dispónse a loitar por unha das prazas que dan acceso aos play off polo ascenso a 1ª autonómica.

Este "Final four" previa na loita polo ascenso terá lugar esta fin de semana coa disputa da final a catro. O venres os nosos mozos enfrontásense ao combinado de Compañía de María (21:15 no pavillón de Cluny), que tras un inicio irregular se plantaron neste final cun gran refacho de vitorias no último tramo da liga.

O sábado enfrontarémosnos a Cluny (18:00 horas no pavillón de Rosalía de Castro), un equipo moi veterano que nos superou nos dous partidos da liga regular. Por último o domingo será o vixente campión, Viaxes Piña o que se enfronte a nós (18:00 no pavillón Lorenzo Latorre ).

Os xogadores da nosa plantilla son: Cutrin, Calderón, Dani, Gonzalo, Diego, Nico, Zugasti, Jacobo, Bernardez, Mirza, Torreiro e Miguel Estevez.

 
CLASIFICACIÓN JORNADA 13

logo_headerO noso equipo Senior Zonal mantén o liderato na Liga con dúas victorias sobre o seu perseguidor o C.B Conxo

CLASIFICACIÓN

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2

banner_abonate_2_gal