|
Comezan os adestramentos para as categorías inferiores do Obradoiro |
|
As categorías inferiores do club volverán ao traballo esta semana a partir do próximo martes día 7 de Setembro no pavillón municipal de Pontepedriña.
Horarios de adestramento |
|
Ler máis...
|
|
Os júnior do Obra intentárono pero finalmente non se clasificaron para a Copa |
|
O equipo júnior enfrontábase ao Caixanova Fedesa A na tarde do sábado coa misión de gañar o partido por unha diferenza de máis de 7 puntos para quedar campión da liga zonal e así optar á Copa Galicia.
O partido comezou con moito nerviosismo por parte do equipo local chegando a terminar o primeiro cuarto perdendo por unha diferenza de 4 puntos. No segundo cuarto, os xogadores entraron no partido grazas á forte presión en defensa que lles levaría a conseguir así unha vantaxe de 6 puntos no marcador.
No terceiro cuarto o conxunto que adestra Nerea Arca grazas á continuidade en defensa e o dominio do rebote conseguiron bloquear ao rival que ademais de varias perdas de balón, non foron capaces de ollar o aro chegando a perder de 12 puntos. Pero ao final dese terceiro cuarto, o desacerto en ataque e varios contraataques por parte do Caixanova chegouse ao final coa vantaxe reducida a 6 para os obradoiristas. |
|
Ler máis...
|
|
Este sábado os junior xóganse a final da Liga Zonal de Santiago |
|
O equipo junior do Obradoiro enfrontarase mañá sábado a partir das 17.00 horas ante o Caixanova Fedesa A no segundo partido do final da liga zonal de Santiago.
O equipo de Nerea Arca buscará no Lorenzo da Torre remontar os sete puntos de diferenza polos que perderon no partido de ida. O equipo vencedor da eliminatoria será o que obteña unha praza para disputar a Copa Galicia. |
|
O junior do Obra, na final da súa categoría |
|
O equipo que entrena Nerea Arca, os juniors do Obradoiro, está xogando a final da liga zonal de Santiago. O equipo vencedor, será o que dispute a Copa Galicia. O Obradoiro medirase ao Caixanova Fedesa A no segundo partido da final a fin de semana do 25 de abril na casa, no pavellón Lorenzo a Torre (horario aínda sen confirmar).
No partido de ida, que se xogou o pasado luns 12 de abril, o Obra perdeu de 7 puntos (73 - 66) tras un encontro moi igualado onde o Caixanova Fedesa A colocouse con vantaxe a falta de 3 minutos para o final.
O equipo de Nerea clasificouse tras superar en semifinais aos colexiais da Salle vencendo nos dous partidos. (48 – 38, no de ida, e 52 – 56, no encontro de volta). |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 3 |