Partido da Copa Galicia ante o Marín Peixe Galego correspondente a 2ª xornada
Os homes de Moncho Fernández disputarán o seu segundo encontro da Copa Galicia ante o Marín peixegalego de EBA, 19.00 horas (Pavillón da Raña). Moncho contará con todos os seus homes para este novo encontro de pretempada e así seguir confeccionando o seu estilo de xogo.
Os obradoiristas gañaron no seu primeiro partido o pasado sábado 4 de setembro ante o Beirasar Rosalía (61-90).
O Obradoiro vence sen dificultade no seu primeiro partido da Copa Galicia
Primeiro encontro de pretempada no que a pesar da avultada victoria no marcador (61 – 90) aínda é demasiado pronto para sacar valoracións. Como dixemos, o partido serviu máis para ir collendo o ritmo de competición onde se poden sacar poucas conclusións, pero que serven para a rodaxe e para o que quere Moncho Fernández para este Obradoiro 2010 - 2011.
Moncho Fernández: “Aquel que vista a camiseta do Obra, ten que desexar vestila”
“Sentímonos encantados de que Moncho Fernández poida ser o adestrador do proxecto que estamos comezando”. Estas foron as palabras coas que este martes Francisco Sánchez, presidente de Unika e voceiro do grupo de empresas que avala ao Obradoiro, acompañado do director xerente Alfonso “Chete” Pazo, presentaba o novo adestrador do club compostelán Moncho Fernández.
Esta vez, a entidade santiaguesa elixiu para a presentación do novo técnico as modernas instalacións do concesionario oficial do Grupo “Compostela Motor” que a casa Toyota posúe no Milladoiro.
O santiagués Moncho Fernández dirixirá o Obradoiro
O técnico santiagués Moncho Fernández chegou este luns a un acordo co Obradoiro CAB para adestrarr ao conxunto compostelán a vindeira tempada. A entidade santiaguesa confiou para dirixir o seu novo proxecto en LEB Ouro nun técnico galego. Moncho será presentado oficialmente este martes como novo adestrador nas instalacións do concesionario oficial de Toyota no Milladoiro.
Moncho, gran coñecedor da LEB, naceu en Santiago fai 40 anos (19/09/69) lugar onde comezou a súa carreira como adestrador. Licenciado en Xeografía e Historia, como primeiro adestrador, desenvolveu a maior parte da súa traxectoria na LEB Ouro, tanto no Xixón (do 2002 ao 2004) como no Villa de Los Barrios (do 2006 ao 2009) a que levou a disputar tres playoff consecutivos, unha Copa Príncipe e un Final Four, unha experiencia que lle serviu de escaparate e lanzadeira ao Murcia na ACB a tempada pasada.