|
Partido da Copa Galicia ante o Marín Peixe Galego correspondente a 2ª xornada |
|
Os homes de Moncho Fernández disputarán o seu segundo encontro da Copa Galicia ante o Marín peixegalego de EBA, 19.00 horas (Pavillón da Raña). Moncho contará con todos os seus homes para este novo encontro de pretempada e así seguir confeccionando o seu estilo de xogo.
Os obradoiristas gañaron no seu primeiro partido o pasado sábado 4 de setembro ante o Beirasar Rosalía (61-90). |
|
Comezan os adestramentos para as categorías inferiores do Obradoiro |
|
As categorías inferiores do club volverán ao traballo esta semana a partir do próximo martes día 7 de Setembro no pavillón municipal de Pontepedriña.
Horarios de adestramento |
|
Ler máis...
|
|
O Obradoiro vence sen dificultade no seu primeiro partido da Copa Galicia |
|
Primeiro encontro de pretempada no que a pesar da avultada victoria no marcador (61 – 90) aínda é demasiado pronto para sacar valoracións. Como dixemos, o partido serviu máis para ir collendo o ritmo de competición onde se poden sacar poucas conclusións, pero que serven para a rodaxe e para o que quere Moncho Fernández para este Obradoiro 2010 - 2011.
|
|
Ler máis...
|
|
A carpa `Experiencia Toyota´, escenario da presentación de Eric Sánchez |
|
Eric Sánchez recoñeceu na súa presentación que “o Obradoiro ten equipo para ascender”. Acompañado polo director xerente do club Alfonso Pazo, o xefe de vendas de Compostela Motor, Juan Crego, e o asesor comercial de Compostela Móbil Jorge Alfeirán, o ovetense recala en Santiago disposto a exercer de base titular.
Eric Sánchez foi presentado no Campus Vida como novo xogador do Obradoiro. Previamente na carpa Toyota situada no Campus Sur xogadores e corpo técnico puideron gozar dos simuladores así como do cine virtual que a marca xaponesa instalou na cidade universitaria.
O base obradoirista recoñeceu que chega con moita ilusión á capital galega e a un equipo que está disposto a loitar desde o primeiro día polo seu regreso á ACB. “Estamos aquí para dalo todo, para loitar ao máximo por un obxectivo. Se ao final facemos unha boa tempada e quedámonos sen o ascenso por pouco, creo que non habería que consideralo un fracaso. A nosa meta é facelo o mellor posible. Se o facemos ben ao final é posible que chegue o premio do ascenso". |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 94 |