Menos de diez días para comprar entradas para el partido contra el Real Madrid en la Quincena Especial

O Rio Natura Monbus Obradoiro enfrontarase o próximo domingo 3 de maio (12.40 horas) ao campión da Copa do Rei, o Real Madrid, partido no que os obradoiristas queren repetir o cheo do pasado ano. Co Miudiño cantado por máis de 6.000 persoas vivido no encontro da pasada campaña aínda en mente, o club activa a promoción Quincena Especial, pola que todos os afeccionados poderán comprar entradas a un prezo reducido ata o próximo martes 15 de abril. Se quen realiza a compra das entradas para familiares ou amigos é abonado do club (o abonado entrará co seu carné como nos demais encontros), o prezo será de 29 euros en Fondos, 35 euros en Tribunas 2, 45 euros en Tribunas 1 e 59 euros en Tribunas Retráctiles. No caso contrario, o prezo especial é de 35 euros en Fondos, 39 euros en Tribunas 2, 49 euros en Tribunas 1 ou 65 euros en Tribunas Retráctiles.

Unha vez finalizada a promoción, os prezos serán únicos: 39 euros en Fondos, 45 euros en Tribunas 2, 59 euros en Tribunas 1 e 75 euros en Tribunas Retráctiles. As entradas poden comprar xa mediante a páxina web do club (www.obradoirocab.com) ou nas oficinas situadas no propio Multiusos, de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00.

ARRIBA