CATEGORÍAS BASE OBRADOIRO CAB

As categorías base do Monbus Obradoiro son un proxecto recente no seu formato, pero cunha proxección a longo prazo segundo a que a cidade de Santiago de Compostela da man do club poderá contar nun futuro con xogadores de baloncesto de primeiro nivel dun amplo abanico de idades.

Os piares nos que se sostén esta canteira son o seu carácter social, que fomenta a non discriminación de ningún tipo, e o seu modelo de formación integral, que imparte unha educación deportiva completa tanto na vertente física como na psicolóxica.

OBXETIVOS

Aínda que o peso de cada un varía segundo o traballo específico de cada categoría, os obxectivos das categorías base do Monbus Obradoiro son os seguintes.

Inculcar valores varios tales como compromiso, respeto, traballo en equipo, e a cultura do esforzo como premisa básica.
Promover entre os nenos as características dunha vida saudable da man do deporte, unida a outros hábitos de vida sans como a boa alimentación, a hixiene persoal, etc
Fomentar hábitos tales como a concentración, atención, imaxinación, etc
Mellorar de forma individualizada as habilidades e recursos de cada xogador dentro do campo: mecánica de tiro, bote, axilidade nos movementos sen balón, etc.
Ensinar o proceso da toma de decisións en diferentes situacións de xogo e ao entendemento da estratexia no ámbito do baloncesto

CATEGORÍAS

Dende as idades máis temprás é importante, para o desenvolvemento do neno, a asociación a un colectivo. No Monbus Obradoiro podes atopar dende os 7 anos a túa categoría para facelo con nós. 

A principal meta nunha idade tan temprá, é que os nenos se familiaricen co baloncesto e inicien a súa aprendizaxe neste mediante xogos dinámicos para desenvolvemento da coordinación básica requirida.
Nesta categoría foméntanse uns hábitos de adestramento continuo mediante o xogo en equipo e lévanse a cabo traballos de motivación.
Neste rango de idade é imprescindible ter claros xa os valores que o baloncesto aporta e adoptar, por tanto, un compromiso co equipo para poder comezar a mellora técnico-táctica individualizada.
Os propósitos básicos desta categoría son os da asociación total xogador-club unida á iniciación de traballos físicos, técnicos e tácticos máis detallados.
Os traballos máis importantes a este nivel son os de perfeccionamiento do xogo e reforzo de valores como o compromiso e o esforzo, nunha etapa na que é imprescindible compaxinar o deporte cos estudios.
Esta categoría encárgase de dar continuidade a tódolos membros do club que pasaran por unha ou varias das categorías inferiores, mostrándolle tamén outros posibles enfoques da súa carreira no mundo do baloncesto.

¿QUIERES SER PARTE DAS CATEGORÍAS BASE DO OBRADOIRO CAB?

No mes de setembro de cada ano, realizase unha xornada de captación de xogadores totalmente aberta á que poden asistir tódolos interesados en formar parte do club durante o resto da tempada.

Unha vez comezada a tempada, o club permanece aberto á recepción de novos xogadores sempre que non estea completo o cupo federativo da categoría á que lle correspondese unirse.

 

CONTACTO

Director de Categorías Base Obradoiro CAB – Camilo Riveiro:

690 618 872 – cantera@obradoirocab.com

ARRIBA