ABÓNATE!

 

Mercar Abono

Queremos que te sumes á familia obradoirista e vivas en primeira persoa o gran ambiente que se respira na nosa Caldeira.

Só tes que inxectarte o ADN Obra cos seus valores para sentirte coma na casa e empurrar ao equipo en cada encontro. Compromiso, lealdade, esforzo, paixón, sacrificio, respecto, orgullo, superación, constancia, vontade ou humildade, son varios dos eslabóns da nosa cadea de ADN.

Xa tes os valores asumidos? Imos mostrarche como é o pavillón. Como podes comprobar na seguinte imaxe, o pavillón está sectorizado. Busca o sector e o bloque dende o que che gustaría ver os encontros:

Xa tes decidida a túa localización? Imos botarche unha man mostrándoche os prezos en tarifa Xeral, Infantil, Xuvenil, Maiores de 65 ou Reducido, por cada zona:

 

 

Como podes comprobar, temos un abono a Prezo Reducido* para os seguintes grupos:

- Parados máis de 6 meses (presentar vida laboral actualizada)
- Estudantes menores de 25 anos (carné de estudante, matrícula ou certificado de estudos)
- Federados de baloncesto (licenza federativa)

*Os abonos en Prezo Reducido non disfrutarán do desconto por renovación ou antigo abonado.

 

Aínda que sexas novo na familia obradoirista, hai descontos dos que te podes beneficiar. Atento!

Recorda que se fuches abonado nas tempadas anteriores á 2018/19 (e dende a 2011/12) e regresas, obterás un 5% de desconto.

 

VES AO OBRA EN FAMILIA?

As familias comezan a contar a partires de dous membros. O primeiro pagará o total do abono e o segundo membro disfrutará dun 10% de desconto. Cantos máis membros teña a familia, maior desconto se irá aplicando: O terceiro membro recibirá un 30%, o cuarto un 50%, o quinto un 70%, o sexto un 90%, e a partir do sétimo, o abono sairá gratis. Estes descontos aplicaránse segundo a idade (tarifa Infantil, Xuvenil ou Xeral) e o sector do pavillón no que se ubique.

Cada membro da familia poderá escoller a zona que máis lle guste. Este desconto aplicarase entre irmáns, matrimonios, e pais/nais e fill@s. Os irmáns/fill@s deben ser menores de 25 anos.

 

AÍNDA NON COÑECES A FUNDACIÓN HERACLES?

A Fundación Heracles ten como obxectivo a promoción e realización, sen ánimo de lucro, de actividades socio-deportivas para fomentar a práctica deportiva principalmente en Galicia e axudar ao deporte galego de competición.

Se fas unha doazón á Fundación Heracles, por cada 150€ de doazón obterás 100€ de desconto directo no teu abono e 50€ en entradas para a nova tempada.

 

E SABES QUE…?

Podes financiar o teu abono de 3 a 12 meses SEN INTERESES? Sempre suxeito á aprobación pola entidade financeira!!

E como novidade, a partir desta tempada podes domiciliar o pago do teu abono en 3 meses e renovarémosche automaticamente o abono nas seguintes.

 

ADEMAIS...

Todos os abonados recibirán de regalo a nova bufanda obradoirista, da man de Cabreiroá e Estrella Galicia, e ademáis, cada abonados disporá de dúas entradas de regalo para un encontro a escoller (excepto os equipos que disputen Euroliga).

 

Mercar Abono

ARRIBA