ABÓNATE!

 

Queremos que os nosos abonados sigan crecendo e, por iso, necesitamos que os novos integrantes coñezades que significa, que se sente e que achega ser do Monbus Obradoiro.

Sempre se escoita iso de que “o Obra é unha familia”. E non só para definir ao equipo, senón tamén á nosa afección, que tan identificada sente con esa descrición.

E quen mellor que un abonado tan especial como José para explicarlle aos seus netos  Xián e André por que son do Obra e que é iso que coñecemos como sentimento  obradoirista.

 

 

Estás preparado para unirte e facer historia na nosa 12º tempada consecutiva na  acb?

 

ZONAS PAVILLÓN

 

Este é o noso pavillón, a nosa Caldeira. Como podes comprobar na seguinte imaxe, o pavillón está sectorizado. Busca o sector e o bloque desde o que che gustaría ver os partidos:

 

PREZOS

 

Xa tes decidida a túa localización? Imos axudarche ensinándoche os prezos en tarifa Xeral, Baby (0-4 anos), Infantil (5-12 anos), Xuvenil (13-17 anos), Maiores de 65 ou Reducido, por cada zona. 

Os nenos de entre 0 e 4 anos non necesitan abono para poder acceder aos partidos, sempre e cando non ocupen asento. Para facilitar a comodidade dos nenos e as súas familias, a tempada pasada creouse o Abono Baby a un prezo moi reducido, co que poderá dispor de asento e beneficiarse de todas as vantaxes de ser abonado.

 

Xa tes o teu prezo? Comezamos!

 

Aínda que sexas novo na familia obradoirista, hai descontos dos que te podes beneficiar. Atento!

 

Para empezar, se fuches abonado nalgunha tempada anterior á 2021/22 (e desde a 2011/12) e regresas, obterás un 5% de desconto (Este desconto non é aplicable sobre o Prezo Reducido).

 

Unha vez teñas o prezo resultante aplicado este desconto, bota un ollo por se podes beneficiarte dalgún dos seguintes acumulables entre si.

 

FIDELIDADE

 

Aqueles que fostes abonados durante cinco tempadas (desde a 2011/2012 e sen ter que ser consecutivas), poderedes beneficiarvos dun 5% de desconto a maiores.

 

VÉS AO OBRA EN FAMILIA?

 

As familias comezan a contar a partir de dous membros. Este desconto aplicarase entre irm@ns, matrimonios, e pais/nais e fill@s. Os irm@ns/ fill@ s deben ser menores de 26 anos).

O segundo membro gozará dun 10% de desconto. Cuantos máis membros teña a familia, maior desconto se aplicará. O terceiro membro recibirá un 20%, o cuarto un 30%, o quinto un 40%, o sexto un 50%... E así sucesivamente! Estes descontos aplicaranse segundo a idade (tarifa Baby, Infantil, Xuvenil, maiores de 65 ou Xeral) e o sector do pavillón no que se sitúe 

Este tipo de Abono non ten por que realizarse na mesma zona do pavillón. Cada membro da familia poderá escoller a zona que máis lle guste.

 

AÍNDA NON COÑECES A FUNDACIÓN OBRADOIRO?

 

A Fundación Obradoiro ten como obxectivo a promoción e realización, sen ánimo de lucro, de actividades socio-deportivas para fomentar a práctica deportiva principalmente en Galicia e axudar así ao deporte galego de competición.

Se realizas unha doazón á Fundación Obradoiro, por cada 150€ de doazón obterás 100€ de desconto directo no teu abono e 50€ en entradas para a nova tempada.

Podes realizar a túa doazón en liña aquí: https://cutt.ly/6CY5gXp ou de forma presencial nas nosas oficinas.

 

O TEU ABONO PODE SAÍRCHE A 0€ SE TRAES AMIGOS

 

Traer novos amigos á familia obradoirista pode facer que o teu abono che salga gratis!

Se traes contigo a un amigo, el gozará dun 5% de desconto directo ao realizar o seu abono (non acumulable ao de abonado en tempadas anteriores). E ti beneficiaraste dun 10% na próxima tempada (un 5% por esta tempada e outro 5% pola seguinte).

Se o teu amigo continúa renovando as próximas tempadas, ti continuarás gozando dun 5% adicional na tempada seguinte.

Beneficiaraste deste desconto por cada amigo que traias!

 

MEMBROS COMUNIDADE UNIVERSITARIA USC

 

Temos un desconto especial para todos os membros da comunidade universitaria da USC (alumnado, persoal docente e investigador e personal de administración e servizos).

Os interesados poden facer o seu abono beneficiándose dun 5% de desconto.

 

 - Se es estudante da USC menor de 26 anos podes adquirir o teu abono desde 147€ en Fondos.

- Se es persoal docente e investigador ou persoal de administración ou servizos, podes facerte con el desde 218€ en Fondos.

 

No resto de zonas do pavillón tamén se aplicará un 5% de desconto, acumulativo ao resto de descontos dispoñibles. Podes consultar a táboa xeral de prezos na parte superior desta páxina.

 

E, SABES QUE…?

 

Podes financiar o teu abono de 3 a 9 meses SEN INTERESES? Sempre suxeito á aprobación por parte da entidade financeira e pode implicar gastos de xestión/formalización.

Lembra que tamén podes domiciliar o pago do teu abono en 3 meses e renovarémosche automaticamente o abono nas seguintes.

 

FORMAS DE PAGO

 

Ademais da posibilidade de financiar o teu abono e de domiciliar o pago, tamén podes realizar o pago con tarxeta de crédito/débito (no American Express) ou en efectivo.

 

ONDE REALIZAR O TEU ABONO?

 

Dispós de dous métodos para realizar o teu abono:

 

- A través da nosa páxina web, creando un usuario e contrasinal.

 

- Nas nosas oficinas, de luns a venres, de de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas (o día 29 de setembro só abriremos de mañá).

Se prefires evitar esperas, podes solicitar cita previa no seguinte enlace (https://cutt.ly/CKloVM3).

 

FAI O TEU ABONO AQUÍ

 

CONDICIÓNS DO ABONO

 

  1. A formalización e pago do abono dá dereito ao seu titular a ocupar o asento especificado no carné nos partidos para celebrarse en Multiusos Fontes do Sar, co Obradoiro como local, durante a liga Regular da ACB, independentemente do número de equipos que a compoñan.

 

  1. O abono non inclúe a entrada a partidos de Playoff ou calquera outro fóra da Fase Regular da liga ACB que se dispute en Santiago co Obradoiro como local.

 

  1. A organización non se fai responsable da perda ou subtracción do abono. O acceso dos abonados ao pavillón poderase facer tamén co carné en formato Passbook, que se pode descargar e abrir con calquera das aplicacións dispoñibles para iso, por exemplo, Apple Wallet para iOS e Passwallet para Android.

 

  1. A duplicación non autorizada ou a revenda deste produto pode impedir o acceso ao partido, así como a retirada do abono.

 

  1. Condicións de acceso ao recinto: segundo dispón a Lei 19/2007 do 11 de xullo contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte no seu artigo 6.

 

  1. A organización poderá negar a entrada a aquelas persoas que non mostren a súa identificación e o abono ou cuxo abono presente signos de falsificación ou manipulación non autorizada.

 

  1. Non se permite recompilar datos estatísticos en directo dos partidos comprendidos neste abono para o seu uso con fins comerciais ou distribuílos a terceiros sen autorización expresa da Asociación de Clubs de Baloncesto.

 

  1. Reservado o dereito de admisión.

 

  1. Aceptación do Regulamento Interno do recinto deportivo: “Pavillón Multiusos Fontes do Sar”.

 

  1. Se a normativa vixente en cada momento limitase o aforo de asistencia a algún partido, os abonados poderán ser recolocados para o mesmo, procurándose que sexa nunha localidade da mesma categoría.

 

  1. En caso de restricións de aforo terán preferencia de acceso os abonados respecto á venda de entradas en despacho de billetes.

  

FAI O TEU ABONO AQUÍ

ARRIBA