RENOVA O TEU ABONO!

O difícil son os momentos que estamos a vivir. Por iso, este ano querémosche poñer moi fácil a renovación do teu abono.

Somos moi conscientes de que a tempada pasada fixeches un esforzo enorme renovando o teu abono e demostráchesnos que, pase o que pase, estás aí para este equipo e este club.

Chega o momento de renovar o teu abono, pero non tes que facer nada. Renovámoscho automaticamente sen necesidade de trámites.

Simplemente avisarémosche cando estea dispoñible o teu carné, para que poidas recollelo e presumir aínda máis de  obradoirista.

A tempada pasada cumprimos 50 anos de historia. Non puidemos celebralo convosco, nin na bancada nin fóra do pavillón. No último partido de Liga en Sar puidemos tervos a unha pequena parte connosco. E queremos vervos a todos na próxima tempada.

O instinto de supervivencia forma parte do noso ADN. Se fomos capaces de superar todas as dificultades da tempada pasada, nesta temos moitos motivos para celebrar. Por iso, na 2021/22 celebraremos o noso aniversario convosco, coa nosa xente. Todos  Xuntos.

Por iso o noso escudo especial do 50 aniversario evolucionou e convértese en ‘50 + plus’. Porque non só ampliamos a nosa celebración do 50 aniversario, senón que todo o que pase esta tempada sumará: volver vervos en Sar, volver escoitarvos cantar o  Miudiño, sentir o voso apoio, os vosos berros, as vosas celebracións… ‘Agora si’ (que será o noso lema este ano), tócanos gozar.

 

Preparado/a?

 

 

QUERES COLABORAR ESTA TEMPADA CO CLUB?

Se queres colaborar co club esta tempada a pesar de ter xa o teu abono en vigor, tes dúas opcións: 

 

- Doazón directa á Fundación Heracles:

Do total de doazóns que realices a entidades acollidas á Lei 49/2002, entre elas a Fundación Heracles, os primeiros 150 euros donados teñen unha dedución fiscal do 80 % (120 euros) e o resto unha dedución fiscal dun mínimo do 35% (52,50 euros).

Puedes realizar a túa doazón online aquí: https://donacion.fundacionheracles.t2v.com/  

 

- Participar no 'Muro do Obra'

Os abonados poderedes ter o voso trozo de muro enviando o teu nombre, firma e texto relacionado co 50 aniversario do club. Esta iniciativa ten unha edición limitada a 1.000 unidades, polo que só os primeiros 1.000 abonados que o solicitedes formaredes parte desta bonita e exclusiva iniciativa.

Cunha aportación de 95€, o abonado quedará representado nos cimentos do pavillón e entregaráselle un ladrillo-azulejo similar ao que quedará nas paredes de Sar e teredes dereito a dúas invitacións en Tribuna 2 para un partido desta temporada (excepto equipos Euroliga e suxeito a dispoñibilidade do aforo).

Cada abonado poderá facer as aportacións que queira sempre que sexa para el mesmo, para outros abonados ou en memoria de personas cercanas xa falecidas.

 

 

 

CONDICIÓNS DO ABONO

 

  1. A formalización e pago do abono dá dereito ao seu titular a ocupar o asento especificado no carné nos partidos para celebrarse en Multiusos Fontes do Sar, co Obradoiro como local, durante a liga Regular da ACB, independentemente do número de equipos que a compoñan.
  1. O abono non inclúe a entrada a partidos de Playoff ou calquera outro fóra da Fase Regular da liga ACB que se dispute en Santiago co Obradoiro como local 
  1. A organización non se fai responsable da perda ou subtracción do abono. O acceso dos abonados ao pavillón poderase facer tamén co carné en formato Passbook, que se pode descargar e abrir con calquera das aplicacións dispoñibles para iso, por exemplo, Apple Wallet para iOS e Passwallet para Android 
  1. A duplicación non autorizada ou a revenda deste produto pode impedir o acceso ao partido, así como a retirada do abono.
  1. Condicións de acceso ao recinto: segundo dispón a Lei 19/2007 do 11 de xullo contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte no seu artigo 6.
  1. A organización poderá negar a entrada a aquelas persoas que non mostren a súa identificación e o abono ou cuxo abono presente signos de falsificación ou manipulación non autorizada.
  1. Non se permite recompilar datos estatísticos en directo dos partidos comprendidos neste abono para o seu uso con fins comerciais ou distribuílos a terceiros sen autorización expresa da Asociación de Clubs de Baloncesto.
  1. Reservado o dereito de admisión.
  1. Aceptación do Regulamento Interno do recinto deportivo: “Pavillón Multiusos Fontes do Sar”.
  1. Se a normativa vixente en cada momento limitase o aforo de asistencia a algún partido, os abonados poderán ser recolocados para o mesmo, procurándose que sexa nunha localidade da mesma categoría 
  1. En caso de restricións de aforo terán preferencia de acceso os abonados respecto á venda de entradas en despacho de billetes.

 

 

ABÓNATE!

A situación que nos tocou vivir non é sinxela. O ano pasado foi duro para todos, pero parece que o final desta etapa está cada vez máis preto.

Queremos que nosa Caldeira volva estar máis viva que nunca. E para iso, queremos que te unas á familia obradoirista. Prometemos que non faltará compromiso, entrega, motivación, alegría e moito traballo.

A tempada pasada cumprimos 50 anos de historia e non puidemos celebralo. Por iso, esta tempada 2021/22 será aínda máis especial. Farémolo convosco, coa nosa xente. Todos Xuntos.

Este ano será a tempada do ’50 + plus’. Porque non só ampliamos a nosa celebración do 50 aniversario, senón que todo o que pase esta tempada sumará: vervos en Sar, escoitarvos cantar o Miudiño, sentir o voso apoio, os vosos berros, as vosas celebracións… ‘Agora si’ (que será o noso lema este ano), tócanos gozar.

Preparado/a?

 

 

FUCHES ABONADO NA 2019/20?

Sabemos que moitos de vós fostes abonados na tempada 2019/20, pero o ano pasado non renovastes o voso abono. Querémosvos de volta. Necesitamos o voso apoio.

Por iso, ao ser abonados na 2019/20, imos dar un prazo preferente para que regresedes e tramitedes o voso abono antes que ninguén. Poderás facelo a partir do luns 12 e ata o día 21 de xullo, incluído, a través da páxina web do club (www.obradoirocab.com) ou nas oficinas, solicitando cita previa a través da seguinte ligazón ( https://bit.ly/3g4MDtZ) ou chamando ao teléfono 981 558 448.

 

ZONAS PAVILLÓN

Imos mostrarche como é o pavillón, por se non o coñeces aínda. Como podes comprobar na seguinte imaxe, o pavillón está sectorizado. Busca o sector e o bloque desde o que che gustaría ver os partidos: 

PREZOS

Xa tes decidida a túa localización? Imos axudarche mostrando os prezos en tarifa Xeral, Baby, Infantil, Xuvenil, Maiores de 65 ou Reducido, por cada zona.

 

Xa tes o teu prezo? Comezamos!

Aínda que sexas novo na familia obradoirista, hai descontos dos que te podes beneficiar.

Atento! Lembra que se fuches abonado nas tempadas anteriores á 2020/21 (e desde a 2011/12) e regresas, obterás un 5% de desconto. Este desconto non é aplicable sobre o Prezo Reducido

 

ATENCIÓN! Se te abonas antes do 31 de xullo obterás un 5% a maiores.

 

Unha vez teñas o prezo resultante aplicados estes descontos, bota un ollo por se te podes beneficiar dalgún dos seguintes acumulables entre si.

 

VÉS AO OBRA EN FAMILIA?

As familias comezan a contar a partir de dous membros. Este desconto aplicarase entre irm@ns, matrimonios, e pais/nais e fill@s. Os irm@ns/ fill@ s deben ser menores de 26 anos).

O primeiro membro da familia pagará o total do abono e o segundo membro gozará dun 10% de desconto. Cuantos máis membros teña a familia, maior desconto se aplicará. O terceiro membro recibirá un 20%, o cuarto un 30%, o quinto un 40%, o sexto un 50%... E así sucesivamente! Estes descontos aplicaranse segundo a idade (tarifa Baby, Infantil, Xuvenil, maiores de 65 ou Xeral) e o sector do pavillón no que se sitúe.

Este tipo de Abono non ten por que realizarse na mesma zona do pavillón. Cada membro da familia poderá escoller a zona que máis lle guste.

 

FIDELIDADE

Aqueles que teñan cumpridas cinco tempadas (desde a 2011/2012) como abonado (sen ter que ser consecutivas), poderán beneficiarse dun 5% de desconto a maiores.

 

AÍNDA NON COÑECES A FUNDACIÓN HERACLES?

A Fundación Heracles ten como obxectivo a promoción e realización, sen ánimo de lucro, de actividades socio-deportivas para fomentar a práctica deportiva principalmente en Galicia e axudar así ao deporte galego de competición.

Se realizas unha doazón á Fundación Heracles, por cada 150€ de doazón obterás 100€ de desconto directo no teu abono e 50€ en entradas para a nova tempada.

Podes realizar a túa doazón online aquí: https://donacion.fundacionheracles.t2v.com/ ou de forma presencial nas nosas oficinas.

 

O TEU ABONO PODE SAÍRCHE A 0€ SE TRAES AMIGOS

Traer novos amigos á familia obradoirista pode facer que o teu abono che salga gratis! Se traes contigo a un amigo, ambos gozaredes dun 5% (non acumulable ao de abonado en tempadas anteriores). Ademais, ti tamén te beneficiarás deste 5% na próxima tempada.

No caso de que xa teñas o teu abono, beneficiaraste dun 10% de desconto ao renovar a próxima tempada. Se o teu amigo continúa renovando as próximas tempadas, ti continuarás gozando dun 5% adicional na tempada seguinte.

Beneficiaraste deste desconto por cada amigo que traias!

 

E, SABES QUE…

Podes financiar o teu abono de 3 a 12 meses SEN INTERESES? Sempre suxeito á aprobación por parte da entidade financeira.

Lembra que tamén podes domiciliar o pago do teu abono en 3 ou 6 meses e renovarémosche automaticamente o abono nas seguintes.

 

 

CONDICIÓNS DO ABONO 

  1. A formalización e pago do abono dá dereito ao seu titular a ocupar o asento especificado no carné nos partidos para celebrarse en Multiusos Fontes do Sar, co Obradoiro como local, durante a liga Regular da ACB, independentemente do número de equipos que a compoñan.
  1. O abono non inclúe a entrada a partidos de Playoff ou calquera outro fóra da Fase Regular da liga ACB que se dispute en Santiago co Obradoiro como local.
  1. A organización non se fai responsable da perda ou subtracción do abono. O acceso dos abonados ao pavillón poderase facer tamén co carné en formato Passbook, que se pode descargar e abrir con calquera das aplicacións dispoñibles para iso, por exemplo, Apple Wallet para iOS e Passwallet para Android.
  1. A duplicación non autorizada ou a revenda deste produto pode impedir o acceso ao partido, así como a retirada do abono.
  1. Condicións de acceso ao recinto: segundo dispón a Lei 19/2007 do 11 de xullo contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte no seu artigo 6.
  1. A organización poderá negar a entrada a aquelas persoas que non mostren a súa identificación e o abono ou cuxo abono presente signos de falsificación ou manipulación non autorizada.
  1. Non se permite recompilar datos estatísticos en directo dos partidos comprendidos neste abono para o seu uso con fins comerciais ou distribuílos a terceiros sen autorización expresa da Asociación de Clubs de Baloncesto.
  1. Reservado o dereito de admisión.
  1. Aceptación do Regulamento Interno do recinto deportivo: “Pavillón Multiusos Fontes do Sar”.
  1. Se a normativa vixente en cada momento limitase o aforo de asistencia a algún partido, os abonados poderán ser recolocados para o mesmo, procurándose que sexa nunha localidade da mesma categoría.
  1. En caso de restricións de aforo terán preferencia de acceso os abonados respecto á venda de entradas en despacho de billetes.

 

ARRIBA