ABONOS 2018/19

O Monbus Obradoiro pon en marcha a Campaña de Abonos de 2ª volta para a tempada 2018/19, ‘ Outra vaca no millo’, coa que busca animar a todos os afeccionados a sumarse á familia obradoirista e alentar ao equipo no primeiro Derbi Galego en ACB na Caldeira do Sar e o resto de partidazos que faltan por vivir.

O abono inclúe TODOS os partidos do Monbus Obradoiro como local na Segunda Volta da Liga Endesa (Liga Regular) 2018/19. Ademais, inclúe de agasallo o último partido da primeira volta: Monbus Obradoiro – Unicaja (domingo 20 de xaneiro).

 

MERCAR / RENOVAR ABONOS >

 

PREZO

*O prezo Reducido aplícase a:

-Maiores de 65 anos

-Estudantes menores de 25 anos (presentando o carné de estudante)

-Parados de máis de 6 meses (presentando a vida laboral actual)

-Federados do ámbito do Baloncesto (presentando a licencia o unha copia)

 

*Prezo Infantil: de 5 a 12 anos.

*Prezo Juvenil: de 13 a 17 anos.

 

Os usuarios de cadeiras de rodas contarán co prezo único de 80 euros (o mesmo para o seu acompañante), para acceder á zona especial acotada para eles. 

 

DESCONTOS

Acumulables:

 

-Amigos da Fundación Heracles: 50 € no abono (+50 € en entradas na tempada 18/19) por cada 100 € de doazón.

-Familiar: Os abonos familiares poderán estar formados a partir de dous integrantes (matrimonio, pai/fill@, nai/fill@ e/ou dous irmáns@s). Os fillos e/ou irmáns deben ser menores de 25 anos.

Os descontos adicionais para estes abonados familiares dependerán do número de membros que o conformen e aplicaráse sobre o prezo obtido unha vez aplicado o desconto por renovación. Así, o segundo membro gozará dun 10% de desconto, o terceiro dun 40%, o cuarto dun 50%, o quinto dun 75%, o sexto dun 90% e a partir do sétimo, o abono sairía gratis. Estes descontos aplicaránse segundo a idade (tarifa Infantil, Xuvenil ou Xeral) e o sector do pavillón no que se ubique (Fondos, Tribuna 2, Tribuna 1 ou Tribuna Retráctil). 

-Trae a un amigo: Traer un novo afeccionado a gozar do ambiente da Caldeira mantén dobre vantaxe para ambos.

O recomendado gozará dun 5% de desconto (non acumulable ao desconto de abonado en tempadas anteriores).

En canto ao recomendador, se aínda non renovou esta campaña, obterá un 5% no seu abono desta tempada e un 5% ao renovar na seguinte. En caso de renovar xa, beneficiarase dun 10% de desconto ao renovar a próxima tempada. Se o teu “amigo” continúa renovando as próximas tempadas, seguirás gozando dun 5% adicional cada tempada que o faga. O desconto para o actual abonado realizarase por cada amigo que traia, podendo mesmo chegar a saírlle gratis o abono.

Este desconto aplicarase sobre o prezo obtido unha vez aplicado o desconto por renovación. 

-Fidelidade: Aqueles aficionados que leven sendo abonados cinco tempadas poderanse beneficiar dun 5% extra. Este desconto aplicarase sobre o prezo obtido unha vez aplicado o desconto por renovación.

 

No acumulables

-Abonados tempada 1718: 15%

-Abonados tempadas anteriores á 1718: 5%

 

VANTAXES (*):

- 10% de desconto en produtos da Tenda Oficial do Obradoiro.

- Ofertas do Club de Empresas Obradoiro.

- Comodidade (reserva de asento, evitar colas…) e aforro.

- Inscripción preferente para a tempada 2019/20.

*Soamente para aqueles que cubran a ficha de inscrición ao completo.

 

FINANCIACIÓN E DOMICILIACIÓN

Mantense a posibilidade de financiación ao 0% de interese en prazos de 3 a 12 meses, dependendo do importe (suxeito a aprobación por parte da entidade financiera). Continúa tamén a opción de domiciliación, cargando o importe do abono na conta do abonado o día 5 do mes seguinte de realizar o trámite. 

Forma de pago: en metálico, con tarxeta de crédito e/ou débito ou financiación al 0%.

 

MÉTODOS DE RENOVACIÓN E CREACIÓN DE ABONOS

Todos os interesados en abonarse poderán tramitalo desde xa mesmo nas oficinas do club, de 10:00 a 14:00 ou de 16:00 a 20:00 horas, ou a través da páxina web (www.obradoirocab.com).

MERCAR / RENOVAR ABONOS >

ARRIBA