A Historia do Obradoiro CAB vai ligada á súa afección. Sen ela non se podería entender o obradoirismo.

Dende a campaña de captación de accionistas ata a presentación en sociedade do equipo, pasando polas diferentes iniciativas e os desprazamentos por España, sen olvidar, por suposto, o fantástico apoio que o público brinda ao seu equipo cada 15 días no Fontes do Sar. O Miudiño, cantado a capella polos afeccionados antes de cada encontro, convertiuse nun selo de identidade do equipo e incluso da propia Liga Endesa. .

Na tempada 2012-13, a afección foi galardoada co Premio á “Mejor Afición Bifrutas” un premio no que un comité e os propios seguidores votaban á que entendían que era a afección máis orixinal, que máis apoiaba ao seu equipo e que maior colorido daba ás gradas. Tanto en primeira como en segunda ronda a hinchada galega finalizou en primeira posición.

E é que son moitos os momentos en que os seguidores obradoiristas demostraron a súa grandeza ao longo dos últimos anos. O apoio masivo que tivo o equipo en LEB, é a primeira proba. Durante a tempada 2011-12, nos momentos máis delicados do curso, a afección non só non deu as costas ao equipo, senón que nun acto de fe, contribuiu a levar ao “Obra” en volandas ata acadar a primeira permanencia na ACB da súa historia.

Ese mesmo verán, hubo un sinfín de iniciativas promovidas por diversos colectivos da afección para recaudar fondos de cara á conversión en SAD, un obxectivo que unha vez cumprido permitiu ao Obradoiro seguir competindo na elite. A histórica tempada 2012-13, que acabou co equipo santiagués en playoffs, acrecentou máis a imaxe da afección galega baixo o lema de “Miudiño Connection”, un fiel reflexo á comunión entre equipo e afección que encandilou a toda España. Sar convertiuse nunha das canchas máis quentes da Liga, e non hubo pavillón en toda a competición na que non ondease unha bufanda do Obradoiro.

Non só dentro das pistas é coñecida a hinchada santiaguesa. As súas múltiples iniciativas chamaron a atención do mundo do baloncesto ata tal punto que, o ano pasado, un dos capítulos da serie “Basket Lover” tivo como epicentro Santiago, e como motivo o “Canhadoiro”, cita ineludible para os afeccionados – e xogadores e corpo técnico – todos os xoves antes dun partido na casa. Alí os seguidores teñen a oportunidade de conversar e tertuliar sobre a actualidade do equipo, así como de coñecer e intimar cos xogadores que cada semana asisten ao evento. Todas estas iniciativas fan ao Rio Natura Monbus Obradoiro un club especial onde equipo e afección son todo un.

ARRIBA