Historia do Club

1970

Pioneiros

O Club de Amigos del Baloncesto Obradoiro naceu en Santiago de Compostela no outubro de 1970 cando 29 socios fundadores decidiron darlle un impulso ao baloncesto masculino santiagués. Anteriormente, o baloncesto de Compostela estivera representado polo S.E.U. e posteriormente pola sección de baloncesto da S.D. Compostela. O Obradoiro C.A.B. comezou na tempada 1970-1971 en terceira división, disputando os encontros no antigo ximnasio universitario (hoxe en día Auditorio da USC).

1982

Histórico primeiro ascenso

Despois de ascender a segunda división, ingresa na tempada 1976-1977 na recén creada 1ª División B. Ese mesmo ano tamén se inaugura o Pavillón de Sar, de titularidade propia. En 1982 consigue o ascenso á máxima categoría do baloncesto español, por aquel entón, División de Honor, sendo o primeiro club santiagués en chegar ao máis alto nun deporte. Este éxito obtense na última xornada de liga en Mataró. Ao seu regreso, o equipo foi recibido en Santiago por centos de seguidores no aeroporto de Lavacolla e os xogadores foron sacados en ombreiros. A experiencia na elite duraría unha soa tempada. Despois de militar numerosas campañas na 1ª división, segunda categoría a nivel estatal, o Obradoiro C.A.B. afrontou no 1989-1990 o playoff para subir á nova liga profesional, ACB. Unha fase de ascenso que marcaría a historia do club.

1990

O playoff que durou 19 anos

Na eliminatoria final, o Obradoiro C.A.B. perdeu contra o Júver Murcia, pero foi descuberta a aliñación ilegal do xogador Esteban Pérez no equipo murciano. Esta situación foi denunciada polo Obradoiro C.A.B., primeiro ante a xustiza deportiva e máis tarde ante os tribunais ordinarios. O 14 de setembro de 1994 anunciouse a resolución do Tribunal Superior de Justicia de Madrid, que declarou como gañador da eliminatoria de ascenso ao club santiagués e obrigou á ACB a readmitilo na Liga ACB. A pesar da sentenza, o proceso xudicial alongouse ata o verán de 2003, cando o Tribunal Supremo decidiu suspender a Liga ACB mentres non se admitise ao Obradoiro C.A.B. A ACB esixiu entón ao club santiagués que aboase o canon de entrada correspondente á tempada 2003/2004 (cerca de 3 millóns de euros), mentres que o Obradoiro C.A.B. esixía pagar o correspondente á tempada 1990/1991, unha cantidade próxima aos 600.000 euros. Tras máis de quince anos de preitos, o 27 de novembro de 2007 o Tribunal Supremo deu a razón ao equipo galego, obrigando á ACB a readmitilo na máxima categoría do baloncesto español e coa obrigación de pagar o canon correspondente á tempada 1990/1991. Finalmente, o día 15 de xuño de 2009, 19 anos despois do polémico playoff, o Obradoiro C.A.B. formalizou a súa inscrición na ACB para a tempada 2009/10.

2009

A ilusión renovada

Na campaña de regreso á máxima categoría da Liga ACB, o Obradoiro C.A.B. converteuse en todo un fenómeno social en Galicia. Coa denominación de Xacobeo Blusens, os santiagueses converteron o Multiusos Fontes do Sar na catedral do baloncesto autonómico. Ol equipo, adestrado por Curro Segura, completou unha magnífica primeira volta e estivo a punto de clasificarse para disputar a Copa del Rey. Xogadores como Kostas Vasileiadis ou Javier ‘Tuky’ Bulfoni erixíronse en ídolos da afección. Sen embargo, unha pésima segunda metade do campionato condenou ao Xacobeo Blusens ao descenso á Liga LEB. O paso pola segunda división do baloncesto español durou so un ano. Co nome de Blusens Monbus, o santiagués Moncho Fernández foi o encargado de dirixir dende o banco o ascenso á Liga ACB. Tras finalizar en segunda posición a tempada regular, o regreso á elite facíase realidade o 3 de xuño de 2011 na pista do Autocid Burgos. Ademais nesta campaña, o Obradoiro C.A.B. proclamouse campión da Copa Príncipe.

2011

O asentamento na elite

O ano de retorno á máxima categoría presupoñíase como unha misión moi complicada, dados os antecedentes do descenso dous anos antes. A primeira volta da Liga non foi todo o boa que tivesen querido os afeccionados composteláns e en xaneiro o equipo tan só contaba con 4 vitorias no seu casilleiro e atopábase en posicións de descenso. Sen embargo, Moncho e o seu corpo técnico conseguiron encauzar a unha plantilla que viña practicando bo baloncesto pero á que lle custaba demasiado acadar as vitorias. A receita da paciencia funcionou e o equipo cambiou radicalmente na segunda volta, firmando 9 vitorias máis e realizando unha segunda ronda de campionato propia dun equipo de playoff. A figura de Stephane Lasme, xunto ao asentamento de xogadores como Levon kendall, Andrés Rodríguez ou Alberto Corbacho resultaron decisivos á hora de lograr a primeira permanencia dous anos consecutivos na máxima categoría do baloncesto nacional. O Blusens Monbus alcanzaría a súa permanencia ante o Valencia Basket, converténdose nunha festa que uniu a afección, corpo técnico, xogadores e directiva celebrándoo sobre o parqué do Multiusos do Sar. Non nos podemos olvidar que ese equipo que partía de cero facía tres anos, na súa nova etapa na elite ademais de conseguir unha extraordinaria afección e a permanencia na Liga Endesa 2012, tivo que pasar a conversión do club en Sociedade Anónima Deportiva antes de continuar con esa liña ascendente.  

2012

Un equipo de playoff

Co cambio de tempada o equipo rexuvenécese, o capitán Tuky Bulfoni, buque insignia durante as tres anteriores campañas decide regresar á súa Arxentina natal, e tamén coa retirada de Don Bernard Hopkins que tras dous meses sustituindo ao lesionado Robbie Hummel o club decide retirar a súa recoñecendo a súa enorme profesionalidade durante as súas 19 temporadas na ACB. O equipo realiza unha boa primeira volta e o “Obra” gáñase deportivamente o respeto de tódolos rivais. É o único equipo da competición capaz de vencer nas catro canchas dos representantes españoles na Euroliga, a máxima competición continental: Real Madrid, Barcelona Regal, Caja Laboral e Unicaja; e como colofón final á tempada pasada, fixo historia no Fontes do Sar frente ao Uxue Bilbao Basket, con unha vitoria que lle serviu para clasificarse, por primiera vez para o playoff polo título. Esta mesma tempada a afección é galardoada por primeira vez co premio á Mellor Afección Bifrutas da Liga Endesa 2012-13. Os seguidores do Rio Natura Monbus acompañaron ao equipo nos desplazamentos e fixeron da “Caldeira do Sar” unha de las canchas máis animadas da Liga Endesa ao cantar ao inicio de cada partido o himno ''Miudiño'', convertíndoo en sinal de identidade dol club e da Liga Endesa.

2013

O soño continúa

Con un equipo novo no que só permanecían seis xogadores da tempada anterior (Oriol Junyent, Micky Stobart, Alberto Corbacho, Rafa Luz, Pavel Pumprla e Ben Dewar), o equipo comezou a Liga Endesa con dificultades, pero pronto a unión do veterano Oriol Junyent co rookie Mike Muscala deron pé á mellor parella de pívots da competición ata o momento no que o xogador estadounidense foi reclamado pola NBA e o catalán rompeu sobre a pista os ligamentos cruzados anteriores do seu xeonllo dereito. Seis vitorias consecutivas enlazadas con outras seis derrotas logo, unha campaña chea de altibaixos e cambios na plantilla, que aínda así fixo selar a permanencia no posto décimo segundo da tába. O ano deportivo acaba con unha homenaxe á paciente afección e a retirada da camiseta do capitán, Oriol Junyent, que deixará o equipo para ser operado.

PRESENTE
[/timeline]
ARRIBA