Que é o PEQUEABONO ?

PEQUEABONO é un abono pensado exclusivamente para os seguidores máis pequenos do Rio Natura Monbus Obradoiro, os nenos e nenas nados A PARTIRES DO 1 DE SETEMBRO DE 2012.

Cada PEQUEABONO deberá ir relacionado obrigatoriamente a un abono de adulto.O seu custo de emisión é de 17€.

PEQUEABONO permite o acceso a tódolos partidos, sen dereito a asento. 

Cómo conseguir o teu PEQUEABONO ?

O pai/nai/titor deberá cumplimentar a solicitude correspondente así como os datos do abono do adulto ao que se vincula.

Dito formulario pode descargarse aquí, ou ben estará a disposición dos nosos abonados nas oficinas do club, onde deberá ser presentado en calquera caso.

Documentación a aportar:

Fotocopia do libro de familia.

Carné de Abonado ao que se vai a vincular o  PEQUEABONO.

Formulario de inscrición como  PEQUEABONO.

DESCARGAR FORMULARIO AGORA

Onde e cando tramitalo ?

Unha vez teña toda a documentación pode retirar o seu PEQUEABONO de luns a venres en horario de 10-14h e 16-20h nas oficinas do Club. (Multiusos Fontes do Sar).

ARRIBA