RENOVA O TEU ABONO!

 

Comeza a conta atrás para a tempada 2019/20 e o único no que pensamos é en que queremos que continúes pertencendo á familia obradoirista. Para o vindeiro curso temos novidades e baixada de prezos!

Antes de nada, debes saber que o teu asento quedará reservado só ata o 3 de setembro. Non te esquezas de renovar para non perdelo!

Para comezar, comprobarás que cada zona do pavillón está sectorizada. Con estes novos cambios, se fuches abonado a tempada pasada, só tes que botarlle unha ollada ao carné da 2018/19 para buscar o bloque no que está o teu asento e así coñecer o novo prezo do teu abono:

Agora que xa temos claro o noso bloque, vamos a coñecer cal é o novo prezo do teu abono:

Xa tes o teu prezo? Comezamos!

- Só por ser abonado na tempada 2018/19 xa tes un 10% de desconto

* Este desconto non é aplicable sobre o Prezo Reducido

OLLO! Se renovas antes do 6 de xullo obterás un 5% a maiores

 

Sobre o prezo que che queda tras aplicar estes descontos... Aínda hai máis!!!!

- Se asistiches a todos os encontros da pasada tempada, dispós dun 5% de desconto

- E se tes cumpridas cinco tempadas como abonado, desde a tempada 2011/2012 (non teñen por que ser consecutivas) ... Entón suma un 5% máis pola túa FIDELIDADE!

 

Lembra que se fas unha doazón á Fundación Heracles, por cada 150€ de doazón obterás 100€ de desconto directo no teu abono e 50€ en entradas para a nova tempada.

 

VES AO OBRA EN FAMILIA?

Entón lembra que o segundo membro disfrutará dun 10% de desconto no seu abono, o terceiro un 30%, o cuarto un 50%, o quinto un 70%, o sexto un 90%, e a partir do sétimo, o abono sairá gratis. Cada membro da familia poderá escoller a zona que máis lle guste. Estes descontos aplicaránse segundo a idade (tarifa Infantil, Xuvenil ou Xeral) e o sector do pavillón no que se ubique. 

Este desconto aplicarase entre irmáns, matrimonios, e pais/nais e fill@s.  Os irmáns/fill@s deben ser menores de 25 anos.

 

O TEU ABONO POR 0€

Traer novos amigos á familia obradoirista pode facer que o teu abono che salga gratis!

Se antes de renovar traes contigo un amigo, ambos disfrutaredes dun 5% (non acumulable ao de abonado en tempadas anteriores). Ademais, ti tamén te beneficiarás deste 5% a próxima tempada. No caso de que xa teñas o teu abono renovado, beneficiaraste dun 10% de desconto ao renovar a próxima tempada. 

Se o teu amigo continúa renovando as próximas tempadas, ti continuarás disfrutando dun 5% adicional na tempada seguinte. Beneficiaraste deste desconto por cada amigo que traias!

 

SABES QUE…?

Podes financiar o teu abono de 3 a 12 meses SEN INTERESES? Sempre suxeito á aprobación pola entidade financeira!!

E como novidade, a partir desta tempada podes domiciliar o pago do teu abono en 3 meses e renovarémosche automaticamente o abono nas seguintes.

 

ADEMAIS...

Os abonados disporán de dúas entradas de regalo para un encontro a escoller (excepto os equipos que disputen Euroliga). 

 

ARRIBA