V CAMPUS OBRADOIRO CAB - BARBANZA

INSCRICIÓNS PECHADAS!!

OCÓRRESECHE UN MELLOR PLAN PARA ESTE VERÁN?

Goza do mellor baloncesto cos teus amigos e vive unha experiencia inesquecible, a pé de praia, na marabillosa costa de Boiro. Coa visita de técnicos e xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro e cos nosos monitores, garantimos a diversión e a aprendizaxe.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Se tes entre 6 e 18 anos este campus é para ti.

Desde unha aprendizaxe divertida para os máis pequenos, ata un proceso de tecnificación para os máis grandes.

DATAS E HORARIOS

Do 26 de xuño ao 1 de xullo de 2017.

Xornada de mañá: de 10 a 14h

Xornada de tarde: de 16 a 20h

Comida de 14 a 16h (opcional)

LUGAR DE REALIZACIÓN

O campus realizarase en Boiro, nos pavillóns de Santa Baia, A Cachada e Barraña.

As instalacións atópanse a escasos metros da praia.

QUE INCLÚE O CAMPUS?

Equipamento: camiseta reversible, pantalón e mochila.

Balón Oficial Obradoiro.

Entrada para o primeiro partido do Rio Natura Monbus na tempada 2017-18 (Excepto Real Madrid e FC Barcelona Lassa, neste caso emitiranse para o seguinte partido da tempada).

Desconto nas entradas dos pais para ese mesmo partido.

COMO PODO INSCRIBIRME?

1º- Cobre a ficha de inscrición. Descargar ficha.

2º- Realiza o abono da matrícula en:

Oficinas do club.

Trasferencia bancaria no número de conta:

ABANCA ES23-2080-0375-1930-4001-8467

3º- Entrega a ficha de inscrición e o xustificante bancario nas oficinas do club ou no email: campus@obradoirocab.com

PREZOS

|Campus: 95€|

|Campus + transporte: 115€|

|Campus + comida: 140€|

|Campus + transporte + comida: 160€|

DESCONTOS (non acumulables)

|Federado: 10€|

|Abonado e/ou accionista: 20€|

|Amigo da Fundación Heracles e membros CB Santa Baia: 30€|

|Segundo Irmán: 40€|

|Xogador Canteira Obradoiro CAB: 50€|

 

ARRIBA