V Clínic "Desmontando ao adestrador axudante"

O Monbus Obradoiro pon en marcha a quinta edición do Clínic “Desmontando ao adestrador axudante”, que terá lugar os días 29 e 30 de xullo no pavillón Santa Isabel (Santiago de Compostela).  

Este clínic é o único de España centrado na figura do técnico axudante e o éxito das anteriores edicións inclúe máis de 300 asistentes de todas as partes de España e incluso de fóra do país. A él acuden adestradores axudantes e adestradores en formación de calquera nivel e categoría, pero tamén adestradores xefe que acuden para ampliar a súa perspectiva e coñecer mellor a figura dos sus propios axudantes.

INVITADOS, PONENCIAS E HORARIOS 

Día 29 (Sábado):

-De 9.00 a 9.45: entrega de documentación e material do Clínic. Inauguración oficial.

-De 10.00 a 11.45: Jaume Ponsarnau (adestrador axudante do Valencia Basket e da Selección Española Absoluta): “Organización e metodoloxía das sesións individuais”.

-De 12.00 a 14.00: Íñigo Zorzano (adestrador axudante do Panathinaikos): “Como mellorar tácticamente aos nosos xogadores”.

-De 17.00 a 18.45: Marco Justo (adestrador axudante do CB Canarias): “Xestión do entorno dun xogador mozo nun equipo profesional".

-De 19.00 a 21.00: Rubén Vieira (preparador físico do Monbus Obradoiro): “Tecnificación física individual durante a tempada".

Día 30 (Domingo):

-De 10.00 a 11.45: Paco Redondo (adestrador axudante do Real Madrid): “Traballo de bote con xogadores exteriores”.

-De 12.00 a 13.45: Alberto Blanco (adestrador axudante do Lietuvos Rytas): “Utilización do video para a mellora individual do xogador”.

-De 13.45 a 14.00: Clausura del Clínic.

(*) O club reserva o dereito a modificar os horarios das ponencias previo aviso aos asistentes.

¿COMO PODO INSCRIBIRME?

1º Completa este FORMULARIO DE INSCRICIÓN que tamén podes atopar nas oficinas do club. Plazo de inscrición: ata o luns 24 de xullo.

2º- Realiza o abono da matrícula en:

  • Trasferencia bancaria no número de conta: ABANCA  ES23-2080-0375-1930-4001-8467
  • Oficinas do club (Multiusos Fontes do Sar - Rúa Diego Bernal, S/N)

3º- Entrega o formulario de inscrición, o xustificante bancario e o xustificante de desconto, de ser o caso, nas oficinas do club ou no correo electrónico clinic@obradoirocab.com. Indicar como concepto V CLINIC + NOME DO INTERESADO.

No caso das inscricións co desconto de grupo, será necesario entregar todas no mesmo correo electrónico.

TARIFAS

Prezo xeral: 25 euros

Prezo membro FGB / abonado Monbus Obradoiro: 20 euros

Grupos: cada catro inscricións do mesmo club, +1 gratis

COLABORACIÓNS

Colaboran: CEGA Audiovisuales, Jael Joyería, Gráficas Garabal, NH Collection Santiago, Tiro Libre Scq, FGB.

MÁIS INFORMACIÓN

Oficinas do club (tlno: 981 558 448) ou no correo electrónico clinic@obradoirocab.com.

ARRIBA