A Zona Monbus é unha sección do Multiusos Fontes do Sar destinada exclusivamente a organizacións como clubs de baloncesto, colexios ou asociacións deportivas. Monbus, un dos principais patrocinadores do equipo, destina para iso unha parte do aforo do pavillón, situada en Tribuna 2 Sur.

O Monbus Obradoiro quérese converter en todo un referente deportivo de Galicia en tódolos ámbitos: social, empresarial e xuvenil. Por esta razón, esta grada ten como facilidade facilitar a asistencia aos partidos a este tipo de colectivos, disfrutando dunha tarifa especial reducida.

O Club quere lograr que as canteiras de toda Galicia sepan que é o Obradoiro, e todo gracias a asistir a un partido en directo. Entre os obxetivos están:

- Fomentar o deporte e a práctica deportiva,

- Promover a saúde e os hábitos de vida saudables

- Inculcar á xuventude valores universais, tales como o respecto, o traballo en equipo e a cultura do esforzo.

Para comezar, temos unha oferta dirixida a tódolos clubs de baloncesto de Galicia. Nela ofrécense entradas a un prezo reducido: 9 € para todo o mundo. Nesta oferta, ademais, Monbus pon a disposición do club un autocar de 55 prazas de forma gratuíta, para trasladar a os asistentes o día de partido dende o seu lugar de orixe ata o pavillón, e volta á casa.

resto de colectivos que desexen acudir como tal, tamén teñen a posibilidade de acollerse a promocións de entradas a prezos reducidos. Por iso, dende o club querémonos dirixir a tódolos centros educativos, escolas deportivas municipais, concellos ou calquera outro colectivo asociado para invitalos a que se unan a esta oferta.

CONTACTO

Departamento de Márketing do Monbus Obradoiro – Luis Mª Ulloa Guitián 606 006 402 – marketing2@obradoirocab.com

ARRIBA