Deixa a túa pegada en Sar!

A historia dunha vida constrúese a través dos anos, con cemento unindo todas as pezas para formar muros sólidos. Este ano, nesta vida, é especial. Unha celebración (a dos 50) que tamén é vosa. Por iso, queremos que sexades partícipes dela. Queremos que as paredes de Sar se vistan cun anaco de vós para a posteridade.

E, para iso, creamos o "Muro do Obra", no que os abonados poderedes ter o voso anaco de muro enviándonos nome, sinatura e sentimento ou texto relacionado co 50 aniversario do club. E isto formará parte das paredes de Sar, da nosa casa. É importante que saibades que esta iniciativa terá unha edición limitada a 1000 unidades, polo que só os 1000 primeiros abonados que o solicitedes, formaredes parte de esta bonita e exclusiva iniciativa, que perdurará por sempre no tempo.

Facendo unha aportación de 95€, os abonados/as quedaredes representados nos alicerces do pavillón, entregarémosvos un ladrillo-azulexo similar ao que alí queda e teredes dereito a dúas invitacións en T2 para un partido da temporada do 50 Aniversario (excepto equipos Euroliga e suxeito a dispoñibilidade do aforo). Cada abonado poderá facer as aportacións que queira sempre que sexa para el mesmo, para outros abonados ou na memoria de persoas cercanas xa falecidas.

Aquí tendes os exemplos gráficos de como tramitalo, paso a paso:

Estaremos ao voso dispor a través de medios telemáticos (correo electrónico, na páxina web do club) ou nas nosas oficinas, para asesorarvos e axudarvos en todo o proceso. Os ladrillos-azulexos comezarán a entregarse un mes despois do primeiro encontro da tempada.

Este ano farémolo especial por vós, pero sen o voso apoio, alento e colaboración non será posible. 

Queremos que sexades parte do "Muro do Obra" e que as vindeiras xeracións, cando o vexan, saiban que esas 1000 persoas, neste ano especial aportaron económica, física e animicamente, todo o que puideron para seguir estando con nós.

No seguinte enlace podes ver como é o "Muro do Obra"

 

Fai a túa reserva dende aquí! 

ARRIBA