Fran Cárdenas súmase #adalotodo

Fran Cárdenas continuará polo menos unha tempada máis no Rio Natura Monbus Obradoiro, tras facerse efectiva a cláusula de continuidade que figuraba no contrato que une a ambas as partes.

O base de 1,76 metros e 25 anos completará, desta maneira, a súa terceira campaña ás ordes de Moncho Fernández, na última das cales disputou 12 partidos de Liga (1.6 asistencias en 7 minutos).

"Fran ten un rol no equipo moi determinado, que require unha gran mentalidade e estar absolutamente convencido de querer desempeñalo. E el transmitiunos que o está e que se quere quedar, polo que non houbo moito máis debate. A súa continuidade é unha gran noticia para a dirección do equipo, que complementará como fixo anteriormente, e para volver ter un bo grupo humano no vestiario", afirma o director xeral do club, José Luis Mateo.

ARRIBA