Israel González e o scouting xogando dúas competicións no IV Clínic itmen® “Desmontando ao adestrador axudante”

Israel González goza da liga Endesa desde fai xa oito anos, asentado no proxecto do Herbalife Gran Canaria. Este verán será un dos seis convidados de luxo ao IV Clínic itmen® "Desmontando ao adestrador axudante", que se celebrará no pavillón de Santa Isabel os días 23 e 24 de xullo.

O adestrador cántabro titula o seu relatorio "O scouting xogando dúas competicións", situación que viviu nos dous últimos anos con Liga Endesa e Eurocup. "Hai que saber utilizar o tempo de forma óptima para coñecer ao rival", explica. Cun calendario que obriga a viaxar continuamente "é difícil sacar horas de calidade para adestrar, e loxicamente é un hándicap o tempo que se perde en avións aeroportos etc. Ao final, obrígache a facer deles a túa oficina".

Esta tempada Israel exerceu por primeira vez de adestrador xefe nun partido de Liga Endesa, e foi casualmente no partido da insulares fronte ao Rio Natura Monbus Obradoiro, debido á ausencia de Aíto García Reneses por enfermidade. Aínda así, o técnico indica que "foi algo puntual, eu non deixei de ser adestrador axudante en ningún momento xa que o meu traballo esa semana foi o habitual. A única diferenza foi que coa súa ausencia si me correspondeu tomar decisións en directo nos partidos".

Desta repartición de tarefas e coa figura do adestrador axudante "practicamente profesonalizada por completo dentro da estrutura dos clubs", González explica que non hai que tachala como secundaria: "Hai que darlle valor. Pódese gozar, aprender e divertirse, sen necesariamente ser un posto ocasional. Hai técnicos que non poderían ser axudantes e son magníficos xefes e viceversa".

Precisamente, este clínic cun público tan concreto parécelle unha "magnífica idea" para iso e anima a todo o mundo a inscribirse para "pasar unha xornada compartindo coñecementos".

Xunto a el estarán: Lele Molin, ex axudante de Ettore Messina no Real Madrid e actual adestrador axudante do Unics Kazan: Carles Durán, do Valencia Basket, Javi Carrasco, do Baloncesto Sevilla, Miguel González do COB Provincia Termal, e Piti Hurtado, experto en edición de vídeo e comentarista en Movistar +.

A inscrición ao Clínic itmen® pode realizarse desde xa mesmo nas oficinas do club ou no correo clinic@obradoirocab.com, enviando o formulario de inscrición xunto aos xustificantes de pago na conta ABANCA ES92-2080-0375-1130- 4001- 6453 e de desconto, de ser o caso.

As tarifas son de 30 euros en prezo xeral ou 20 para abonados do club ou membros da Fegaba, que computarán ademais 10 horas de cursos federativos. En grupos de cinco inscritos do mesmo club, a un deles sáelle gratis.

Máis información: http://bit.ly/1YgcZfQ

 

 

ARRIBA