O Rio Natura Monbus Obradoiro chega a un principio de acordo con David Navarro

O Rio Natura Monbus Obradoiro chegou a un principio de acordo con David Navarro, que procede do Morabanc Andorra, equipo no que promediou -na pasada edición da Liga Endesa- 6.0 puntos (51.2% en tiros de dous, 28.6% en triplos e 74.6% en libres), 2.1 rebotes e 1,8 asistencias para 6.6 valoración en 18.9 minutos.

Este escolta de 1.89 metros e 34 anos, que asinará por dúas tempadas, acumula unha longa traxectoria nas diferentes categorías profesionais do baloncesto español: ACB (Morabanc Andorra, 2014-17; Blancos de Rueda Valladolid, 2012/13; e Power Electronics Valencia, 2010/11), LEB Ouro (Menorca, 2011/12; Sant Josep Girona, 2009-11; e Caja Rural Melilla, 2003/04) e LEB Prata (Caja Rioja, 2008/09; Gestibérica Vigo, 2006/07; e Rosalía, 2004-06), con dous títulos de campión da LEB Ouro (2014 e 2012) e unha Copa Príncipe de Asturias destacando no seu palmarés.

"Con David incorporamos a un xogador nacional, experto e polivalente, con capacidade de sumar ao equipo en moitas facetas e de xerar xogo a través do bote. Vén tamén para completar a dirección do equipo, xunto aos dous bases que fichemos", afirma o director xeral do club, José Luis Mateo.

Navarro visitará mañá xoves o V Campus Obradoiro-Barbanza, en Boiro.

ARRIBA