O Monbus Obradoiro recadará fondos a favor de Malayaka House no seu partido ante o Delteco GBC

O Monbus Obradoiro e a Fundación Heracles continúa no seu afán de visibilizar e colaborar en causas solidarias e, nesta ocasión, uniuse a Malayaka House, unha organización humanitaria que traballa para garantir os dereitos dos nenos ugandeses.
No próximo partido que disputará o equipo como local, o sábado 13 de xaneiro, ás 19:00 horas, recadaranse fondos a favor desta organización a través dunha promoción en entradas: pola compra de dúas entradas en calquera zona do pavillón realizarase un 25% de desconto en cada unha delas (ata esgotar as localidades destinadas á venda).
 
As entradas poderanse comprar a través da páxina web do club ou nas oficinas (de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas). Para obter o desconto nas compras a través da páxina web, os interesados deberán introducir o código promocional MALAYAKA2018J161718 no momento no que seleccionan os asentos das dúas entradas.
 
O Monbus Obradoiro doará a Malayaka House un importe igual ao desconto efectuado. Ademais, o club puxo en marcha unha Fila Cero a través da que todos os afeccionados interesados poderán ingresar calquera cantidade de diñeiro e colaborar co traballo que realiza esta entidade: proporcionar aos nenos ugandeses máis vulnerables un fogar seguro onde poder iniciar unha nova vida, coa atención médica necesaria, educación e programas de formación profesional. Estas doazóns realizaranse na conta bancaria ES23 2080 0375 1930 4001 8467 co concepto “MALAYAKA2018J161718”.
 
As entradas para este partido están á venda a un prezo xeral de 25€ en Fondos, 35€ en Tribunas 2, 45€ en Tribunas 1 e 49€ en Retráctil. O prezo para as entradas en tarifa Xuvenil (de 13 a 17 anos) será de 19€ en Fondos, 25€ en Tribuna 2, 35€ en Tribuna 1 e 39€ en Retráctil. E, por último, o prezo das entradas na tarifa Infantil (de 5 a 12 anos) será de 15€ en Fondos, 19€ en Tribuna 2, 29€ en Tribuna 1 e 35€ en Retráctil. 
ARRIBA