Á venda as entradas para o Monbus Obradoiro – Montakit Fuenlabrada

O Monbus Obradoiro recibe este sábado, ás 19:00 horas, ao UCAM Murcia para disputar o único encontro de febreiro ante a súa afección.

O equipo, que non terá competición as dúas seguintes fins de semana pola Copa do Rei e as Ventanas FIBA, volverá xogar en Sar, o domingo 4 de marzo, ás 18:00 horas, para recibir ao Montakit Fuenlabrada, clasificado para a Copa do Rei como cabeza de serie.

Así, tras a confirmación do horario oficial de partido por parte de ACB, puxéronse á venda as entradas para o partido ante Montakit Fuenlabrada. O prezo xeral das mesmas será de 25€ en Fondos, 35€ en Tribunas 2, 45€ en Tribunas 1 e 49€ en Retráctil. O prezo para as entradas en tarifa Xuvenil será de 19€ en Fondos, 25€ en Tribuna 2, 35€ en Tribuna 1 e 39€ en Retráctil. E, por último, o prezo das entradas na tarifa Infantil será de 15€ en Fondos, 19€ en Tribuna 2, 29€ en Tribuna 1 e 35€ en Retráctil.

As entradas están á venda desde xa mesmo a través da páxina web do club (www.obradoirocab.com) ou ben nas oficinas, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

ARRIBA