O Monbus Obradoiro e o Montakit Fuenlabrada unirán as súas forzas en apoio ao 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres

Este domingo, ás 18:00 horas, o Monbus Obradoiro recibirá no Multiusos Fontes do Sar ao Montakit Fuenlabrada para disputar a xornada 21 da Liga Endesa.

Ambos os conxuntos queren unir as súas forzas na previa deste partido en apoio á reivindicación do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, que conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

Así, o Monbus Obradoiro e o Montakit Fuenlabrada exhibirán unhas camisetas durante a presentación previa ao partido coa frase “8M Día Internacional da Muller. Pola igualdade”.

Lupe Murillo, conselleira do Monbus Obradoiro, explicou que “se trata dun día para facernos ver, demostrar o que valemos e loitar pola igualdade de oportunidades”.

ARRIBA