Últimas dúas semanas para que os abonados compren entradas para o Monbus Obradoiro – FC Barcelona Lassa con promoción especial Día do Pai

O Monbus Obradoiro regresa esta tarde aos adestramentos para preparar o partido deste domingo na pista do Herbalife Gran Canaria. O equipo disputará dúas xornadas consecutivas como visitante, viaxando despois a Badalona (sábado 17, 20:30 horas), para volver a Sar o domingo 25, ás 18:00 horas, e recibir ao actual campión da Copa do Rei: o FC Barcelona Lassa.

Os abonados que queiran convidar a familiares ou amigos e que non se perdan este encontro poderán beneficiarse dunha promoción especial Día do Pai ata o próximo 18 de marzo (incluído) para comprar entradas a prezo especial nas oficinas e páxina web do club (dándose de alta se é a primeira vez que compran ou accedendo co seu usuario e contrasinal).

Con esta promoción, os abonados poderán comprar as entradas a 29€ en Fondos, 45€ en Tribunas 2, 59€ en Tribunas 1 e 69€ en Retráctil. O prezo para as entradas en tarifa Xuvenil será de 25€ en Fondos, 35€ en Tribuna 2, 49€ en Tribuna 1 e 59€ en Retráctil. E, por último, o prezo das entradas na tarifa Infantil será de 19€ en Fondos, 29€ en Tribuna 2, 39€ en Tribuna 1 e 49€ en Retráctil (prezos válidos ata completar o aforamento dispoñible para a venda).

En canto ao resto de afeccionados que non sexan abonados poderán celebrar a Semana do Pai comprando as entradas ao prezo especial dos abonados en oficinas e páxina web entre o 12 e o 18 de marzo, ambos os incluídos. 

ARRIBA