O Monbus Obradoiro ficha a Maxime de Zeeuw

O Monbus Obradoiro chegou a un acordo con Maxime de Zeeuw para as próximas dúas tempadas.

Trátase dun á-pivote de 2,06 metros e 31 anos, que procede do EWE Oldenburg alemán, onde a pasada campaña promediou 9.4 puntos (53.3% en tiros de 2, 42.6% en triplos e 70.5% en libres) e 3.7 rebotes en 17.3 minutos (21 partidos), na BBL; e 12.2 puntos (54.7% en tiros de dous, 36.2% en triplos e 59.1% en libres) e 4.5 rebotes en 21.1 minutos (10 partidos), na FIBA Champions League.

Este internacional belga Absoluto, U20 e U18 ten unha ampla experiencia no baloncesto europeo tras o seu paso, antes de chegar a Alemaña, por República Checa (CEZ Nymburk, campión de Liga en 2016), Italia (Virtus Roma) e Bélxica (Port of Antwerp Giants, VOO Pepinster, Optima Gent e BBC Brussels).

“Con Maxime incorporamos a un catro experto no baloncesto europeo de clubs e seleccións, cuxo coñecemento do xogo e polivalencia van vir ben ao equipo. Ten tiro de tres puntos e tamén xogo de poste. Pensamos que poderá xogar con todos os interiores que temos actualmente. Trae boas referencias humanas e debe ser un xogador importante para nós”, afirma José Luis Mateo, director xeral do club.

ARRIBA