Os abonados do Monbus Obradoiro poderán mercar ata catro entradas a 19€ para o derbi galego

A plantilla do Monbus Obradoiro conta hoxe con xornada de descanso e volverán mañá á pista para preparar o último partido que se disputará neste mes de febreiro, o sábado 9, ás 18:00 horas, na pista do Valencia Basket (Movistar +).

A Liga Endesa regresará tras disputarse a Copa do Rei e o parón das Ventanas FIBA, e o Monbus Obradoiro recibirá ao Cafés Candelas Breogán no que será o segundo derbi galego da tempada, o sábado 2 de marzo, ás 18:00 horas.

O club quere que o partido se converta nunha auténtica festa do baloncesto galego e para iso activou unha promoción exclusiva para os seus abonados na que poden comprar un máximo de catro entradas, a 19€ cada unha, en Tribuna 2 (ata esgotar aforamento dispoñible para a venda).

Os abonados poderán facerse con estas entradas nas oficinas do club (de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas), ou a través da súa conta de abonados na páxina web do club, ata o día antes do partido ás 00:00 horas.

ARRIBA