O Monbus Obradoiro organiza a “VI Xornada Ulla Oil Empresa & Deporte: A comunicación eficaz en situacións de tensión”

O Monbus Obradoiro ultima detalles para levar a cabo a “VI Xornada Ulla Oil Empresa & Deporte: A comunicación eficaz en situacións de tensión”, un evento exclusivo para os membros do Club de Empresas Obradoiro.

Esta xornada de debate, que conta co patrocinio de Ulla Oil, terá lugar o mércores 24 de abril, ás 19:30 horas, no Hotel OCA Puerta del Camino, membro do Club de Empresas Obradoiro.

O director xeral do Grupo Arestora, Juancho Armental, o adestrador do Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, e o comandante do Helimer 402 de Salvamento Marítimo, Javier Peñalba, abordarán a forma de previr e xestionar momentos e situacións difíciles, traballando sobre as emocións con diferentes ferramentas de comunicación.

A xornada concluirá cun cóctel ofrecido polo Hotel OCA Puerta del Camino. Para a realización deste evento é imprescindible a colaboración de Estrella Galicia, Cabreiroá, Grupo Arestora, Trevisani, CEGA Audiovisuales, Invbit e Jael Joyeros.

ARRIBA