O Balidea Obradoiro proclámase Campión Galego e disputará o Campionato de España Cadete

O equipo cadete, o Balidea Obradoiro, seguiu os pasos dos júnior e esta fin de semana proclamouse Campión Galego, ao vencer ao Seis do Nadal por 58 a 72.

O seu adestrador, Dan Petts, confesou que “sentimos moi orgullosos e satisfeitos de conseguir este título. No equipo nunca se falou de ser campións, só do traballo día a día, coa imaxe do club e os valores que representa no horizonte. Ao final, o esforzo, a atención ao detalle, a mellora individual e o sacrificio que os xogadores mostraron levounos a conseguir o campionato. O traballo deu os seus froitos e un deles foi a oportunidade de ser campións”.

Grazas a este título, os cadetes disputarán o Campionato de España en Huelva o 19 ao 25 de maio. Esta oportunidade significa moito para os obradoiristas e Dan explicou que “é un gran reto para nós. Neste Campionato xogan os mellores equipos de España e nós formamos parte dese grupo. É un orgullo e unha gran oportunidade para representar ao noso club, familias, amigos, a cidade de Santiago e Galicia enfrontándonos aos mellores equipos. Iremos con moitas ganas”.

Dan Petts detallou que “no equipo temos un mantra: “Unha peza máis cada día”. A idea básica é que en cada adestramento e en cada partido temos que ser un pouco mellores individualmente e como grupo. E para iso non podemos perder nin un minuto do tempo que temos en pista. Falamos só de ser cada día mellores individualmente para poder achegar máis cada día no traballo do grupo. O xogo colectivo defínenos e foi o máis importante de todo no éxito do equipo ata agora. Cada xogador foi importante no éxito do equipo e estou moi orgulloso de todos eles: Yago Rodríguez, Berthold Elukul, Francisco Fontes, Carlos Taboada, Nicolás Lestón, Adrián García, Iago Ferreiro, Martín Rodríguez, Hugo Rey, Yago Díaz, Anxo Igrexas, Mateo Rivadulla e Matías Díaz. Tamén quero destacar o traballo de Jose e Manu como parte do corpo técnico: o seu traballo foi fundamental para alcanzar o campionato”.

O club quere compartir este éxito cos patrocinadores porque, sen o seu apoio a cada un dos equipos de canteira, non sería posible alcanzar estes momentos: Monbus, Cabreiroá, Cenor, Leyma Natura, HM Rosaleda, Colexio M. Peleteiro, Revi, Ozona Consulting, Petroni, Balidea, Deltacargo, Café Sabora, Caeiro, Jim Sports, Opticalia Casa dos Lentes, Concello de Silleda, USC, Monte da Condesa, SEU, A Nave de Vidán, Barrigola, Kedakí, Restaurante Mera, O Paspallás, Hoy no Cozino, Fonseca, O Solpor, Sam Sport Café, Carpanta, Domino’ s Pizza, Asador Milongas.

ARRIBA