Cede o teu asento para o Montakit Fuenlabrada se te vas de vacacións en Semana Santa

O Monbus Obradoiro recibirá este sábado, ás 20:30 horas, en plena Semana Santa ao Montakit Fuenlabrada.

Moitos obradoiristas aproveitarán estes festivos para irse de vacacións ou tomarse un respiro e perderanse o partidazo deste sábado.

O equipo quere sentirse arroupado pola súa afección como en cada encontro e os abonados, ademais de poder prestar o seu abono físico, contan coa opción de ‘Ceder’ o seu asento desde a súa conta para poder deixar a súa entrada a amigos ou familiares.

Para realizar este trámite, só teñen que entrar na súa conta de abonados a través da páxina web do club introducindo o seu usuario e contrasinal. Unha vez aberta a sesión, aparecerá a información relacionada co abono. Simplemente débese pulsar o botón ‘Xestionar’ e, por último, pulsar o botón ‘Ceder’.

Ao ‘Ceder’ o asento, a aplicación automaticamente xera unha entrada en PDF para o encontro seleccionado, quedando invalidado o carné para ese día. Así, o abonado que non poida asistir a un partido pode enviar por correo electrónico ou entregar esa entrada a quen desexe para que goce do encontro sen ter que prestar o abono físico.

ARRIBA