O Monbus Obradoiro e David Navarro renovan o seu contrato por unha tempada

O Monbus Obradoiro e David Navarro chegaron a un acordo para estender o seu contrato por unha tempada máis, polo que o escolta de 1.89 metros e 36 anos cumprirá a súa terceira no club.

Navarro promediou esta tempada 3.3 puntos e 1.9 asistencias en 12.4 minutos de xogo (31 partidos).

“Coñecemos a David e por iso valoramos a súa importancia dentro e fóra da pista, e tamén o interese que demostrou por seguir no club. A súa experiencia, polivalencia e o feito de poñer en todo momento os intereses do colectivo por encima dos individuais seguirán sendo importantes para que o equipo consiga os seus obxectivos”, afirma o director xeral, José Luis Mateo.

ARRIBA