Os abonados do Monbus Obradoiro poden comprar a camiseta de xogo do 2019/20 a cegas cun prezo especial e personalizada

O Monbus Obradoiro lanzou a súa Campaña de Abonos #paseoquepase coa lenda, Tonecho Lorenzo, e o peñista, Jose Castro, representando a todo o vivido polo obradoirismo.

Nesta campaña, os abonados volverán ser protagonistas e contan con sorpresas e beneficios que se irán desvelando nas próximas datas.

O primeiro deles é que os abonados poden conseguir de forma exclusiva a primeira camiseta de xogo (con novo deseño e nova marca) da próxima tempada totalmente a cegas, cun prezo especial e personalizada. Así, cada abonado poderá mercar a camiseta por 35€, co nome e dorsal incluídos.

Os abonados terán dúas opcións para facerse coa camiseta para eles mesmos ou para facer un agasallo antes de que sexa presentada oficialmente o 23 de xullo. A primeira é a través das oficinas do club (de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20) cubrindo o formulario e realizando o pago.

A segunda opción é realizar o pago no seguinte número de conta (ES77 0081 5363 2100 0111 2019) e enviar un correo electrónico a camiseta@obradoirocab.com achegando o xustificante de pago, e especificando o número de abonado, a talla, o nome e dorsal que quere que apareza na camiseta.

ARRIBA