Andreas Obst comunica ao Monbus Obradoiro a execución da cláusula de rescisión do seu contrato

O xogador do Monbus Obradoiro, Andreas Obst, comunicou ao club a execución da cláusula de rescisión que figura no seu contrato, procedendo á extinción do mesmo, así como o abono da cantidade fixada por parte do Ratiopharm Ulm, equipo da BBL alemá, no seu nome.

O escolta de 23 anos chegaba ao club no verán de 2018 para disputar a súa primeira tempada na Liga Endesa. Nesta campaña promediou, nos seus 31 partidos, unha media de 17 minutos, con 7.4 puntos (43% en tiros de tres, 39% en tiros de dous e 86% en libres), 1.3 rebotes e 1.3 asistencias, para unha valoración media de 5.4 puntos.

O club quere destacar o traballo e compromiso de Andi e deséxalle moita sorte na súa nova etapa profesional.

ARRIBA