O Monbus Obradoiro ficha a Álvaro Muñoz

O Monbus Obradoiro e Álvaro Muñoz alcanzaron un acordo para a súa contratación para o próximas tres tempadas.

Este aleiro de 1,97 metros e 28 anos procede do Manresa, onde promediou 5.8 puntos (51.4% en tiros de dous, 26.3% en triplos e 80.8% en libres) e 2.4 rebotes en 17.3 minutos (36 partidos xogados) na pasada edición da Liga Endesa.

Nacido en Ávila, pasou por todas as categorías do baloncesto español (EBA, 2008/09), LEB Plata (2009-11), ACB (2011-13), LEB Oro (2014/15 e 2017/18), e tamén disputou dúas campañas na BBL Alemá, con Ludwigsburg (2015/16) e Tuebingen (2016/17). É Internacional U19 e U20 (bronce no Campionato de Europa de Croacia’2010).

“Álvaro é un xogador que se fixo a si mesmo e que achega aos seus equipos moito máis do que din as estatísticas. Vén como xogador nacional importante, nunha aposta de longo prazo para seguir crecendo co club e sumar en todos os aspectos, comezando pola enerxía e o compromiso”, afirma José Luis Mateo, director xeral do club.

ARRIBA