O Monbus Obradoiro ficha a Chris Czerapowicz

O Monbus Obradoiro e Chris Czerapowicz chegaron a un acordo para a súa contratación para a tempada 2019/20.

Este aleiro sueco de 2,01 metros e 27 anos procede do Nizhny Novgorod ruso, equipo co que promediou 10.0 puntos (55.4% en tiros de dous, 40.4% en triplos e 77.8% en libres) e 4.0 rebotes na VTB United League (21 partidos) e 8.8 puntos e 4.5 rebotes na Basketball Champions League (11 partidos).

Internacional por Suecia en todas as categorías, desde U16 a Absoluta, completou a súa formación na universidade norteamericana de Davidson. Posteriormente, pasou por diversas ligas: Italia (Pistoia), Suecia (Sodertalje Kings, campión de 2015 e 2016), Polonia (Krosno), ACB (Andorra) e a citada VTB ( Minsk e Nizhny).

“Con Chris incorporamos a un aleiro alto que destaca principalmente polo tiro de tres, aínda que pode axudar ao equipo noutras facetas, como o rebote ou puntualmente no posto de 4. Fichámolo para un rol importante na súa etapa de plena madurez deportiva”, afirma o director xeral do club, José Luis Mateo.

ARRIBA