O Monbus Obradoiro ficha a Dejan Kravic

O Monbus Obradoiro e Dejan Kravic chegaron a un acordo para a súa contratación para a tempada 2019/20.

Este pívot de 2.11 metros e 28 anos procede do Virtus Bolonia, co que promediou 10.9 puntos (58% en tiros de dous e 68.3% en libres), 5.8 rebotes e 1.2 tapóns en 21.7 minutos (29 partidos) na Leiga, e 7.8 puntos e 4.5 rebotes na FIBA Champions League, da que o seu equipo se proclamou campión.

Nado en Bosnia e de nacionalidade serbia (Internacional Absoluto), formouse en América do Norte, entre Canadá (York University) e Estados Unidos ( Texas Tech), comezando a súa carreira profesional en Grecia (AGO Rethymno). Tamén pasou por Holanda (Dean Bosch), Bélxica ( Brussels) e Italia ( Virtus).

“Con Dejan incorporamos un cinco experto e efectivo. Á súa axilidade e envergadura engádenselle a súa capacidade para xogar co bote e resolver con ambas as mans preto do aro. Ten enerxía e coñece o xogo, polo que será tamén un xogador importante en defensa”, afirma o director xeral, José Luis Mateo.

ARRIBA